O inverno chega este venres ás 4.27 horas con tempo seco e frío

A nova estación comezará cun ambiente anticiclónico que se prolongará, como mínimo, ata o Nadal e rematará o 20 de marzo

Este venres 22 de decembro comeza o inverno boreal ás 04.27 horas, acompañado de tempo seco e frío que se prolongará previsiblemente ata o Nadal. A nova estación estenderase ata o 20 de marzo ás 4 horas e 6 minutos. Remata así outro outono chuvioso na comarca compostelá, similar ao do ano pasado, segundo informan dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC). A cantidade total de precipitación recollida nestes últimos tres meses supera os 900 litros/m2, “cantidade que remata coa seca acumulada en meses anteriores e que fai que xa agora se supere a media anual de precipitación en Santiago”, que rolda os 1.800 l/m2, pero sen chegar de momento aos 2.000  l/m2, explica o director do centro, José Ángel Docobo.

Nova estación

A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración: 88,98 días, fronte aos 89,86 do outono; 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. O inicio da nova estación coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose neste intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) “o que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de nove horas na nosa latitude”, sinala Docobo. Porén, as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio, punto que vai reproducindo as posicións medias do Sol ao longo do ano dado que este último desprázase aparentemente con velocidade variable.

Publicidade

Na noite do 2 ao 3 de xaneiro vaise producir o máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas (con radiante preto da Osa Maior) Tamén o día 3 ás 2.00 horas pasará a Terra polo perihelio, mínima distancia ao Sol (147 millóns de quilómetros). “Mercurio, sempre difícil de localizar a simple vista, vai estar en boas condicións de poder ser observado no amencer arredor do 12 de xaneiro”, afirma Docobo. Venus e Marte van ser así mesmo luceiros matutinos, pero logo Mercurio deixará de verse ata marzo e nesta ocasión aparecerá logo do solpor. O planeta Xúpiter poderase contemplar durante boa parte das noites deste inverno, “mentres que Saturno estará visible na noitiña ata mediados de febreiro, pasando logo ao amencer desde ben entrado marzo”, engade.

Chuvia

Dende o punto de vista da meteoroloxía, as precipitacións acadaron durante o outono os 0,3  l/m2 nos sete últimos días de setembro, os 424,3 l/m2 en outubro, 318,7 l/m2 en novembro e os 198,4   l/m2 nos primeiros 21 días de decembro. En canto a temperaturas, destacan os cinco días de outubro con máximas por enriba dos 30 graos, con 32,3 o día 7. A temperatura máxima absoluta do outono en Compostela foron os 32,6 do 30 de setembro, en tanto que en dúas xornadas de decembro se mediron mínimas lixeiramente por debaixo de cero: -0,2 o día 17  e -0,1 o día seguinte.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos