Sábado 27 Abril 2024

Espiral climática: o mellor gráfico para entender o quecemento global

O climatólogo Ed Hawkins vén de actualizar a súa representación do aumento das temperaturas, que xa se fixera famosa na súa primeira edición de 2016

O climatólogo Ed Hawkins vén de actualizar a súa espiral climática, que xa se fixera famosa na súa primeira edición de 2016 por ser unha forma de representar de forma sinxela a crise actual de quecemento global debido ao aumento das temperaturas. Esta espiral baséase en datos da análise de temperatura superficial GISS da NASA e abrangue dende 1880 ata 2021. Con cada mes de cada ano, rexístrase unha liña xiratoria de datos da temperatura global na superficie.

 A espiral climática vista dende un lado.
A espiral climática vista dende un lado.

É a mediados do século XIX cando a liña comeza a estenderse cara ao exterior debido ao aumento das temperaturas, creando unha forma de tornado. Xa no cambio de século, a velocidade deste cambio cara ao exterior da espiral vólvese maior e, entre 2016 e 2021, cruza varias veces o límite amarelo que representa un grao de quecemento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150