Garagapp, a aplicación móbil galega para abrir e pechar garaxes

As clásicas chaves teñen os días contados. A modo van sendo substituídas por tarxetas electrónicas, mandos a distancia… e agora tamén por aplicacións móbiles para abrir e pechar portas remotamente. Galicia súmase ás novas tendencias móbiles coa presentación de Garagapp, unha app para abrir e pechar garaxes sen necesidade de mando a distancia e utilizando simplemente o teléfono móbil.
Para usar Garagapp hai que instalar un receptor ó carón da porta que simula un mando do garaxe e introdúcese unha clave na aplicación, á que se pode mesmo asociar máis dunha porta automática: a de casa, a da oficina… Logo, só hai que conectar o smartphone co aparello receptor por 3G ou bluetooth e premer o botón para abrir ou pechar a porta. Deste xeito, e nun só móbil, podemos ter varios mandos para varias portas. Ademais, o invento utiliza un sistema encriptado de comunicacións para previr posibles pirateos da aplicación.

A app conéctase cun receptor por tecnoloxía 3G ou bluetooth

Garagapp foi desenvolvida para Android e iOS pola empresa viguesa de tecnoloxía e enxeñería Possible Inc. A app está destinada tanto a particulares como a empresas ou comunidades de veciños e xa foi usada por 200 usuarios en Vigo en probas piloto. Agora terá a súa grande estrea no Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o 5 de febreiro nunha sesión demostradora que poderá ser seguida por streaming e na que, ademais, se presentarán os primeiros vídeos promocionais da aplicación.
Esta aplicación é un dos proxectos que están a participar na primeira convocatoria da iniciativa Galicia Open Future, impulsada por Telefónica en colaboración coa Xunta.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 95% dos procedementos administrativos da Xunta máis solicitados serán dixitais en 2027

O investimento no Plan de Dixitalización Plena achégase aos 10 millóns de euros para avanzar en tecnoloxías como a intelixencia artificial e a analítica de procesos

Máis de 110.000 galegos empregan a ‘app’ XuntaEu para as xestións coa administración

O Goberno autonómico puxo en marcha a aplicación o pasado ano co obxectivo de simplificar a relación dos cidadáns cos servizos dixitais

Os concellos que empregan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta cuadriplicáronse nun ano

Na primeira metade de 2025 houbo preto de 2.000 alertas por posibles fraudes reportadas a entidades locais

Máis de 4.000 explotacións galegas usan xa os servizos da Plataforma Dixital Agroforestal da Xunta

É un ecosistema tecnolóxico que xestiona a información e datos de interese para as actividades agrícolas e forestais