Domingo 28 Abril 2024

Xerais e CSIC presentan o ‘Atlas Arqueolóxico da paisaxe galega’

O Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), presentou esta mañá na Delegación Institucional do CSIC en Galicia o “Atlas arqueolóxico da paisaxe galega”, obra que presenta, a través de máis de 300 páxinas e 18 láminas, as diferentes formas de paisaxe que se sucederon en Galicia dende o neolítico ata a época medieval. O libro, que xa está nas librerías, está publicado por Xerais.

XG00226301

“Trátase dunha especie de atlas arqueolóxico da paisaxe de Galicia, unha obra que, en vez de ofrecer unha cartografía de estas paisaxes, ofrece os útiles para podelos reconstruír e comprender. Baséase na caracterización e tipificación dos tipos de paisaxes culturais que acompañaron cada un dos momentos da prehistoria de Galicia, co fin último de dar ao lector unha nova aproximación á prehistoria e protohistoria de Galicia e, de paso, á súa realidade paisaxística actual”, explicou o arqueólogo Felipe Criado Boado, quen destacou que “Xerais fixo un gran esforzo editorial para ofrecer ao público unha obra de gran calidade formal e gráfica”.

Publicidade

“A paisaxe é un concepto con moitos significados, e é posible estudala dende varios puntos de vista diferentes, entre eles, o da arqueoloxía. Contra a idea máis convencional da paisaxe como algo preferentemente natural, é necesario entender que, sobre todo nos últimos 6.000 anos, a paisaxe é máis o resultado da coevolución do natural e do cultural. A arqueoloxía pode contribuír a unha reconstrución dos procesos sociais e históricos que constituíron a paisaxe ao longo do tempo. Os seus restos están aí, aínda que non sempre son evidentes”, explicou César Parcero Oubiña, científico do Incipit.

“Este traballo merece ser dedicado tamén dun xeito especial ás mulleres, profesionais entregadas, apaixonadas do seu traballo e dunha enorme capacidade intelectual e humana. Arqueólogas, historiadoras, edafólogas e xeomorfólogas, etnógrafas, restauradoras, xestoras da información, técnicas e investigadoras, que de maneira directa ou indirecta xogaron un papel determinante na xestación desta obra“ di a investigadora e codirectora do volume, Elena Cabrejas.

‘Hai que entender que a paisaxe é produto da evolución natural e cultural’

Pola súa banda Manuel Bragado, director de Xerais, comentou, “En Xerais, levados polo noso afán de ofrecer aos lectores e lectoras en galego textos variados e de calidade, estamos orgullosos de ter editado este Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Libros coma este enriquecen o noso catálogo e a nosa oferta cultural e, o máis importante, son ferramentas imprescindibles para coñecer mellor o noso pasado o que nos permite actuar sobre o presente e pensar en mellorar o futuro”.

O “Atlas arqueolóxico da paisaxe galega” divídese en sete capítulos: Introdución sobre o estudo da paisaxe e a arquitectura dende la arqueoloxía; Síntese da historia ambiental e cultural de Galicia; A formación da paisaxe tradicional; A primeira paisaxe monumental (4500-2500 A.C.); A paisaxe dividida (2500-800 A.C.); A paisaxe fortificada (800 A.C. ata o cambio de era) e Os cimentos da paisaxe tradicional no mundo romano e alto medieval.

Reflicte resultados de investigación derivados de dous proxectos liderados polo Incipit: “Atlas das paisaxes culturais de Galicia”, financiado polo Plan Galego de I+D+i (2006-2010), e “Tecnologías para la conservación y revalorización del patrimonio cultural”, do programa Consolider-Ingenio 2010.

O Incipit do CSIC é o impulsor deste atlas cunha coidada edición de Xerais

“ Ademais, nútrese das investigacións realizadas durante as dúas últimas décadas por persoal vinculado ao CSIC e á Universidade de Santiago de Compostela, dende diferentes perspectivas e disciplinas. En total, conta coa participación de 21 autores e autoras”, destaca Felipe Criado Boado, coordinador do libro xunto con César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas e Anxo Rodríguez (quen se ocupou do deseño e da execución gráfica).

O libro aborda o estudio da construción sociocultural da paisaxe en Galicia, prestando atención aos catro principais tipos de paisaxe que a arqueoloxía pode axudar a identificar e caracterizar: fósil, continuo, asociativo e enterrado. Así, por exemplo, presta atención á paisaxe megalítica do Barbanza, á paisaxe de terrazas do monte Gaiás (Santiago de Compostela) á paisaxe simbólica da parroquia de Cereixa (Pobra de Brollón), entre outros.

“Estas temáticas e estes caos de estudio proporcionan ao lector datos e interpretacións para reconstruír a formación do medio rural e aproximalo a unha historia ecolóxico-cultural de Galicia, entender as formas de construción humana da paisaxe e comprender a interacción entre paisaxe e a tradición popular”, destacan Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña e Carlos Otero Vilariño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia