Mércores 22 Maio 2024

A Biblioteca Intercentros anima ‘Arde Lucus’ cunha mostra sobra a Antiga Roma

O centro de interese ‘Cave Canem’, inaugurado este xoves na Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC e que agroma preto de 50 obras de diversa temática, proba que “vicios e virtudes da Antiga Roma perviven na sociedade actual”, segundo indicou a profesora do Departamento de Historia na Facultade de Humanidades, Dolores Dopico, no acto de apertura desta escolma bibliográfica, organizada co gallo da celebración do Arde Lucus e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 23 de xuño.

A temática sobre a que versan as obras incluídas neste centro de interese é moi diversa, do mesmo xeito que o era a vida cotiá, usos e costumes da Antiga Roma, que constitúe o fío condutor desta mostra. A actualidade, por no falar de vixencia, de moitos dos asuntos tratados nesta mostra, reflexa que “dous mil anos despois, seguimos a estar moito máis preto da Antiga Roma do que poderíamos pensar”, dixo Dolores Dopico.

Publicidade

A profesora da Área de Historia Antiga da USC na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC salientou, a modo de exemplo, a pervivencia da expresión ‘Cave Canem’, ben de xeito literal “coidado co can”, traducións, adaptacións… en moitas vilas e cidades. Xunto con esta herdanza, a o populismo do manido ‘Pan e circo’ ou a crítica a corrupción dos maxistrados, con outras escenas ou comportamentos da Antiga Roma tamén replicadas na sociedade actual.

Dolores Dopico aproveitou tamén na inauguración do centro de interese ‘Cave Canem’ para manifestar publicamente os seus parabéns a todo o persoal da Biblioteca Intercentros, e á súa directora, Julia Cantalapiedra, por desenvolver este tipo de iniciativas, que “requiren imaxinación, ademais de traballo e dedicación”, dixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Novas pezas romanas para o museo da Domus do Mitreo en Lugo

O Museo de Viladonga pon en valor o material achado na escavación do Mitreo coa restauración de ánforas, moedas e outras pezas de metal, vidro e cerámica

A Coruña, primeira no ránking de bibliotecas das universidades españolas

A Universidade da Coruña lidera xunto coa Universitat de les Illes...

A Olimpiada Solidaria de Estudo recadou 35.778 euros nas bibliotecas da USC

Os alumnos contabilizaron as súas horas de preparación de exames para obter fondos para unha ONG

Ourense converte as horas de estudo na biblioteca en cartos solidarios para Senegal

Ourense converte as horas de estudo na biblioteca en cartos solidarios...