Venres 26 Abril 2024

Xornada sobre diversidade sexual na USC

As segundas Xornadas sobre diversidade sexual na educación celébranse este venres 17 co lema ‘ Unha oportunidade para trans*formar a sociedade’ e organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación. A inauguración contou coa participación do vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira; da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concepción Fernández; da decana da facultade, Carmen Fernández Morante; do presidente da Asociación Amizando, Andrés Domínguez Durán; do coordinador da Asociación Ultreia LGTBI, Alberto Hernández Platero; e da presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios.

O programa arrancou coa mesa interxeracional titulada ‘Vidas vivibles, experiencias de xénero disidentes: a revolución trans’, coa participación de Kim Pérez (por videoconferencia), Laura Bugalho, Sara Romero, Hugo Pérez, Pablo San José, moderados/as por Carmen Fernández Morante. Seguiulle un relatorio sobre ‘Acompañamento versus patoloxización: experiencia Transit’ da man de Rosa Almirall, xinecóloga e cofundadora de Tránsit, e de Soraya Vega, psicóloga e integrante de Tránsit.

Publicidade

A xustiza ante o dereito a ser é o tema que dá continuidade á xornada pola tarde, a partir das 16.30 horas. Toman a palabra o xurista e investigador da USC Miguel Vieito, profesional encargado de redactar a solicitude que permitiu modificar o sexo e nome do primeiro menor trans galego; a avogada Pilar García Puertas, para aludir  ao acoso escolar neste ámbito; e María Lucía Girón Conde, da Fiscalía Provincial de Lugo, moderados pola valedora do Pobo, Milagros Otero Parga.

Na clausura destas xornadas sobre diversidade sexual, ás 18.30 horas, interveñen a secretaría xeral de Igualdade, Susana López Abella; a valedora do Pobo, Milagros Otero; a vicepresidente da Deputación da Coruña, María Goretti Sanmartín Rei; e a decana Carmen Fernández Morante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións