Unistem Day reúne 300 estudantes no maior evento europeo sobre células nai

Preto de 300 estudantes e profesorado dos centros Rosalía de Castro, Compañía de María, Peleteiro e Xelmírez II de Santiago e do IES García Barros da Estrada participaron dende a Facultade de Medicina da USC no evento de divulgación sobre células nai dirixido a alumnado de ensino secundario máis importante de Europa, as xornadas UniStem Day 2017. Os estudantes de Compostela súmanse así aos 27.000 rapaces e rapazas de todo o continente e que de xeito simultáneo participan ao longo deste venres en UniStem Day para poder coñecer e achegarse ao mundo da investigación e particularmente a este campo das ciencias da vida.

Un momento da presentación da xornada de Unistem Day.
Un momento da presentación do Unistem Day.

A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, presidiu a sesión inaugural no Salón de Actos da Facultade. Tamén participaron o decano do centro, Juan Gestal, e o director do Departamento de Ciencias Morfológicas e do grupo de Neurobioloxía da Enfermidade de Parkinson –nodo da Rede de Terapia Celular de Galicia-, José Luis Labandeira García.

Publicidade

O programa inclúe, ademais de conexión por videoconferencia con outras universidades participantes, proxeccións de vídeos e xogos ou catro charlas impartidas por docentes e investigadores da USC que darán a coñecer, dende o rigor pero de forma amena, o mundo das células nai e desmontar algúns mitos construídos ao seu redor. O ABC das células nai, experimentando con células nai; ou mitos lendas e verdades sobre células nai son algúns dos títulos das intervencións programadas.

UniStem Day
UniStem Day celébrase de xeito simultáneo en 75 universidades e centros de investigación de sete países europeos, como son España, Alemaña, Dinamarca, Serbia, Hungría, Suecia e Italia, este último o pais promotor da iniciativa. En España, ademais da USC, participan outras once universidades coordinadas dende a de Barcelona. En conxunto, agárdase a participación de máis de 27.000 estudantes en todo o continente.

Publicidade

O grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson é o encargado por quinto ano consecutivo de organizar esta actividade na USC. No seu desenvolvemento conta co apoio da Vicerreitoría de Investigación e Innovación e o patrocinio de Galmedic, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Fisher Scientific, Grupo Merck, Editorial Panamericana, Santiago Futsal, Cafés Candelas e Gadis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Coruña aposta por células nai para reducir síntomas en endometriose e artrose

O proxecto de María Arufe e Juan Fafián busca novas terapias para tratar enfermidades crónicas inflamatorias, con técnicas que poderían mellorar a vida de milleiros de pacientes

Un xene clave no desenvolvemento embrionario protexe a reserva de células nai do cerebro adulto

Investigadoras do Centro de Neurociencias Cajal-CSIC descobren unha xanela temporal temperá despois do nacemento esencial para establecer unha neuroxénese adulta duradeira

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela