velutina 84629q227

Universidade de Santiago e Deputación da Coruña avanzan estratexias contra a velutina

O reitor Juan Viaño xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantiveron un encontro este xoves 19 co equipo de investigadores que traballa no desenvolvemento dun estudo sobre novos métodos de erradicación da avespa velutina. Ademais da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, tamén asistiron ao encontro en representación do equipo Ana Isabel García Arias, Xesús Feás Sánchez, Luís Rodríguez Lado e Xulio Maside Rodríguez, así como Rogelio Conde-Pumpido e Eva Fabeiro, responsables de I+D+i da institución académica compostelá.

Na actualidade o grupo da USC ten activas catro liñas de traballo dedicadas ao estudo do impacto da vespa velutina en Galicia e relacionadas co deseño de novos métodos para a desactivación de niños e control poboacional desta avespa, á modelización da distribución potencial en Galicia do insecto, á busca de estratexias alternativas de loita biolóxica e ao estudo do impacto socioeconómico da praga.

A USC ensaia unha nova ferramenta para a desactivación dos niños

Segundo se explicou na xuntanza o equipo desenvolve unha ferramenta potencialmente efectiva tanto para a desactivación de niños como para o control poboacional e que requiriría cantidades mínimas de insecticida o que diminuiría o risco medioambiental en comparación con procesos de fumigación directa. Os investigadores consideran precisos máis estudos, principalmente de campo, previos ao seu uso xeneralizado en protocolos de control.

Na modelización da distribución potencial da avespa velutina en Galicia o obxectivo dos investigadores é crear un sistema automatizado de predición que permita monitorizar a súa distribución espacial na comunidade autónoma. Para o seu desenvolvemento utilízase información existentes sobre a distribución de niños de avespa velutina no pasado para, con axuda de 50 variables ambientais, definir as características de hábitat preferidas pola especie e así establecer e predicir áreas de potencial colonizador permitindo descubrir estratexias anticipadas de intervención.

Outra liña na que tamén se está investigando é na busca de alternativas de loita biolóxica, basicamente a través da identificación de parasitos autóctonos como posible ferramenta na loita contra este himenópteros. Finalmente, no relativo ao estudo do impacto socioeconómico da praga, o interese do labor deste equipo é que por vez primeira identificaranse os custes directos asociados á aparición desta avespa na provincia da Coruña, unha cuestión que pode resultar de grande axuda para o deseño de actuacións fronte á especie invasora por parte da Deputación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.