Noelia Casanova, investigadora do CiQUS da USC.

Noelia Casanova, investigadora do CiQUS da USC.

Unha investigadora do CiQUS recibe o premio SusChem Predoc Mestrelab

A plataforma tecnolóxica de Química Sostible SusChem España concedeulle á investigadora do CiQUS da USC Noelia Casanova o premio Predoc-MestreLab 2016 ao mellor artigo científico publicado en 2015 por un/unha estudante de doutoramento.

O traballo, que publicou a revista Angewandte Chemie baixo o título “Rhodium-Catalyzed (5+1) Annulations Between 2-Alkenylphenols and Allenes: A Practical Entry to 2,2- Disubstituted 2H-Chromenes” , sitúase como un highly cited paperen Web of Science (está entre o 1% dos artigos máis citados da súa área no mesmo ano de publicación) e describe unha nova maneira de sintetizar derivados de cromenos utilizando sustancias de partida sinxelas e permitindo o uso de disolventes sen secar e ao aire.

A reacción procede a través dun proceso en cascada que implica a activación dun enlace C-H cun catalizador de Rh(III), a adición a un aleno e logo é seguido dun proceso de migración [1,7] de hidróxeno e un peche de anel mediante unha reacción electrocíclica.

O obxectivo dos Premios SusChem Novos Investigadores é recoñecer o labor de investigadores menores de 40 anos no ámbito da química en España mediante o apoio, promoción e estimulación da súa actividade científica e divulgativa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.