Venres 26 Abril 2024

Secas e inundacións centrarán en Ourense o II Congreso Internacional da Auga

Este martes o campus de Ourense acolleu a presentación do libro de actas do I Congreso Internacional da Auga e o anuncio das principais liñas de traballo do que será a súa segunda edición, que estará dedicada nesta ocasión ás inundacións e ás secas e que terá lugar os días 27 e 28 de outubro. Tendo como socio na organización á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, os promotores deste foro internacional, que se enmarca dentro do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, recalcan a importancia e a actualidade de abordar esta temática ante a crecente incidencia dos fenómenos extremos, como son as inundacións e as secas, provocados polo cambio climático.

Segundo explicou Moncho G. Gesteira, presidente do comité organizador do que será oII Congreso Internacional da Auga, a cita contará unha vez máis coa implicación do Concello e da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia. “O seu obxectivo será xuntar a investigadores de prestixio internacional para abordar os últimos avances na análise, prevención e mitigación de inundacións e secas”, sinalou. Para acadalo, o encontro estruturase en tres bloques, como son inundacións, secas e entes produtores/xestores. A cita organizarase de xeito paralelo á EGU Leonardo Topical Conference Series on the Hydrological Cycle, que do 25 ao 27 de outubro reunirá, baixo a organización do grupo EPhysLab da Universidade de Vigo, aos membros de EGU, a European Geosciences Union, dedicada ao estudo dos fenómenos da terra. Atendendo ao específico da temática elixida, os organizadores agardan que sexan arredor de 100 os participantes estatais e internacionais que asistan e 50 as comunicacións presentadas á segunda edición deste foro.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11461&Itemid=2

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Alerta por 19 positivos por tuberculose en Ourense: estes son os seus síntomas

Un infectado contaxiou a case unha vintena de alumnos do IES Julio Prieto Nespereira que, de momento, non desenvolveron a enfermidade

A Coruña é a provincia con máis xeodestinos de Galicia

A actualización do mapa desta áreas turísticas destacadas suma 12 novos destinos e xa está integrado por un total de 26