Venres 26 Abril 2024

O profesor Roxelio Pérez Moreira ofrece en Lugo o relatorio ‘O ano sen verán que cambiou a historia e a cultura’

O doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor do Departamento de Departamento de Edafoloxía da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra Roxelio Pérez Moreira ofrecerá este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘O ano sen verán que cambiou a historia’.

O ano 1816 , que foi o “ano sen verán” pola acción coincidente dunha erupción volcánica e unha cíclica diminución da actividade solar, un fenómeno que tivo moi relevantes consecuencias que cambiaron o rumbo da historia, da arte e da literatura, será o fío argumental da conferencia que impartirá o profesor Pérez Moreira.

Publicidade

Esta sesión divulgaltiva, organizada pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC está aberta á participación de todo o público interesado pola temática. O acceso é libre de balde, ata completar o aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións