Santiago coordina en Burkina Faso unha escola de enerxías sutentables para mulleres africanas

USC, a través do grupo de Aplicacións Sustentables de Enerxía, coordinou en Burkina Faso a primeira Escola Internacional pola Sustentabilidade para Mulleres Africanas, iniciativa que tamén organizaban a African Network for Solar Development (ANSOLE), a Universidade Panafricana de Nacións Unidas e a Johannes Kepker Universitat de Linz, entre outras. A profesora da Facultade de Física Ángeles López Agüera, representantes española en ANSOLE, coordinou os obradoiros interactivos.

Este encontro celebrouse ao longo dunha semana na capital do país africano Ouagadugú integrados nas actividades daSustainable Energetics for Africa (SE4A) e auspiciado polo Ministerio de Enerxía de Burkina Faso e financiada pola Fundación Volkswagen. Nel participaron algo máis de 50 científicas novas e empresarias de sete países do oeste africano (Burkina, Nixeria, Etiopía, Senegal, Togo, Benin e Ghana), todos eles na franxa climática do Sahel.

Publicidade

Durante unha semana, a través de charlas, obradoiros e visitas formativas, as participantes traballaron sobre as expectativas enerxéticas sustentables a medio e longo prazo, a adecuación aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a implicación das políticas enerxéticas na mitigación do Cambio Climático. Esta primeira escola terá continuidade no mes de xullo en Camerún cunha segunda edición dedicada a África Norte e Este.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía