Sábado 27 Abril 2024

Enric Trillas e Jean-Michel Uhaldeborde, novos ‘honoris causa’ pola USC

A Universidade de Santiago investirá este venres 17 como doutores honoris causa aos catedráticos de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Enric Trillas e de Economía Jean-Michel Uhaldeborde. O acto comezará ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca presidido polo reitor Juan Viaño e será retransmitido en directo por USC-TV.

O matemático Enric Trillas, investigador emérito do European Centre for Soft Computing, é proposto polo Departamento de Electrónica e Computación “pola súa indubidable valía científica e docente e a súa constante dispoñibilidade a colaborar coa USC en todas cantas iniciativas se lle teñen proposto”. No acto intervirá como padriño o catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC Senén Barro Ameneiro.

Publicidade

O catedrático catalán referente no campo científico da lóxica difusa, primeiro da Universidade Politécnica de Cataluña e logo da Politécnica de Madrid, foi presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nos anos 80 e en 2006 xa recibira a Insignia de Ouro da USC.

Pola súa banda, o catedrático de Economía da Université de Pau et des Pays de l’Adour (Francia) Jean-Michel Uhaldeborde é proposto polo Departamento de Economía Aplicada da USC co que iniciou nos anos 80 unha relación investigadora, concretamente coa sección de Facenda Pública. O catedrático de Economía Aplicada da USC Luís Caramés será o padriño no acto de investidura.

O profesor francés é especialista no campo da economía e as políticas públicas, particularmente nas que se refiren ao desenvolvemento local e o seu financiamento, sendo considerado hoxe unha referencia europea na materia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:35

É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?

O frenesí dos últimos anos leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas

María Loureiro e Senén Barro incorpóranse ao Consello Científico do Real Instituto Elcano

A institución dedicada á reflexión e o pensamento de diferentes disciplinas é o principal de España e un dos máis relevantes de Europa

As universidades galegas desenvolven o entendemento coas máquinas a través da linguaxe 

O proxecto Nós, impulsado pola Xunta, aposta por situar o galego na tecnoloxía no mesmo nivel que as principais linguas europeas

María José Alonso, nomeada ‘honoris causa’ pola Universidade de Nottingham

A catedrática da USC e investigadora do CiMUS quixo compartir esta distinción “con todo o equipo que me acompañou ao longo da miña carreira"