Franceschetti

A USC fai doutores ‘honoris causa’ este venres ó físico Giorgio Franceschetti e ó médico Crispian Scully

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este venres 28 o acto de investidura como doutores honoris causa a Crispian Scully e Giorgio Franceschetti. A cerimonia será ás 12:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

Médico, bioquímico e odontólogo, Crispian Scully é unha das persoas máis cualificadas e de maior prestixio mundial no ámbito da odontoloxía en pacientes especiais e da medicina oral. Proposto polo Departamento de Estomatoloxía da USC, destaca a súa xestión á fronte do Eastman Dental Institute, a única institución de Europa dedicada á investigación e docencia exclusivamente para posgraduados, que converteu nun centro internacional de excelencia investigadora. No acto intervirá como padriño o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios.

Pola súa banda, Giorgio Franceschetti, proposto polo departamento de Física Aplicada, é unha autoridade recoñecida internacionalmente no campo da teoría electromagnética básica e aplicada. A relación do profesor italiano coa USC comezou nos anos 90 cunha estreita colaboración co grupo de Sistemas Radiantes co que traballa en investigacións de carácter nacional e autonómico. Será o seu padriño na cerimonia o catedrático de Electromagnetismo Francisco J. Ares Pena.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.