Éxito de participación dun congreso ‘online’ de Química en Santiago con 130 comunicacións

A vixésima  edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica (ECSOC 20), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación de Novas Metodoloxías Sintéticas da USC, integrado polos profesores do Departamento de Química Orgánica da USC na Facultade de Ciencias do Campus Julio A. Seijas e Pilar Vázquez Tato, recibiu xa preto de 130 comunicacións de investigadores de todo o mundo, uns estudos que serán obxecto de debate e análise nos distintos foros virtuais que se desenvolverán durante o mes de novembro.

O catedrático do Departamento de Química Orgánica da USC e principal impulsor deste congreso ademais de presidente do comité científico do mesmo, Julio A. Seijas, subliñou a calidade das comunicacións que ano tras ano se presentan a debate e que logo permanecen accesibles en repositorios de referencia internacional. Asemade, logo de remarcar que a valía das achegas científicas tamén está acreditada polo labor que desenvolven os membros do comité científico, Seijas remarcou que o esquema de desenvolvemento da ECSOC, o congreso virtual que conta cunha traxectoria temporal máis ampla, representa a arquitectura formal do que deberían ser os congresos científicos do século XXI.

Publicidade

Do mesmo xeito que en anos anteriores, os promotores desta edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica conta entre os seus patrocinadores coa Rede Galega de Líquidos Iónicos, USC e a Real Sociedade Española de Química.

Os organizadores defenden que así deberían ser os congresos do século XXI

As distintas sesións de debate e análise programados no marco desta conferencia internacional desenvolveranse de xeito virtual a través do espazo webhttp://sciforum.net/conference/ecsoc-20 a partir do día 1 e durante todo o mes de novembro. Durante estes 30 días, os químicos e investigadores de países de todo o mundo interesados na temática que aborda a ECSOC 20, teñen unha boa oportunidade para intercambiar e compartir traballos sobre macromoléculas, polímeros, líquidos iónicos, química computacional, síntese iónica por microondas…

Publicidade

Alén da dilatada traxectoria da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica, un congreso internacional que xa vai pola edición número 20 e que desde hai máis dunha década organiza o grupo de investigación en Novas Metodoloxías Sintéticas da USC, Julio A. Seijas, precisa que este tipo de congresos favorece a relación e o establecemento de contactos entre investigadores de moi distintos países, ao tempo que tamén reforza a posición da USC no escenario mundial e contribúe, se cabe, a dar unha maior visibilidade internacional ao campus Terra da USC e ás investigacións que nel se desenvolven no eido da Química.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía