Venres 26 Abril 2024

A USC acolle a presentacion do libro ‘Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad’

Da man da asociación de estudantes Bota e Bata en colaboración coa Facultade de Bioloxía e a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, o Salón de Graos da Facultade acollerá a presentación do libro Hoy las ciencias adelantan que es una barbaridad de Miguel Álvarez Cobelas, investigador do CSIC no Departamento de Bioxeoquímica e Ecoloxía Microbiana do Museo Nacional de Ciencias Naturais. A presentación celebrarase este mércores 23 a partir das 13.00 horas.

O libro pretende describir a vida dos científicos españois dende multitude de puntos de vista. Contempla “as opinións do científicos do montón, a psicoloxía, a historia, a socioloxía, os datos estatísticos, a cultura científica e a outra, as anécdotas ou algúns anacos de política”, explica o seu autor. Tanto “as conversas con colegas ou non, as lecturas ao Alonso Quijano, a observación de todos os recunchos da casa onde se fai a ciencia, incitaron a escritura deste libro” nun intento de comprender non só a paisaxe, “senón tamén a paisanaxe coa que paso máis horas no ano”, aclara Álvarez Cobelas.

Publicidade

Como o mesmo autor explica na introdución da obra o obxectivo principal do libro é “entender e describir como se fai realmente a ciencia en España neste albores do século XXI. O obxectivo secundario, entreter”. Para acadar o seu obxectivo apela a unha mestura de “socioloxía, literatura e estatísticas de tipo xornalístico alonxado no posible do árido e plúmbeo discurso das publicacións científicas, oficiais ou non”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións