O lobo mariño Barizo entra na fase final da súa recuperación

O animal foi atopado en Malpica nun precario estado o pasado 6 de xaneiro e foi recuperado pola CEMMA

O lobo mariño cincento Barizo comeza a fase final da súa recuperación antes de recobrar  liberdade. O animal foi rescatado o día 6 de xaneiro no porto de Barizo, en Malpica de Bergantiños, e durante días loitou entre a vida e a morte nas instalacións en Nigrán da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). O seu estado era tan precario que, na súa evacuación, os técnicos pensaron que non resistiría a viaxe.

Pero a súa evolución foi favorable e Barizo, de 110 centímetros de lonxitude e de 23 quilos de peso, comezou a alimentarse por si mesmo na UCI da organización.

Publicidade

Agora, pasará a derradeira fase da súa recuperación en A Illa de Arousa, no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), onde xa fará actividades para que poida recuperar a súa independencia e alimentación convencional.

Tras tres ou catro semanas nas piscinas do IGAFA, o lobo mariño será embarcado para ser liberado en augas do Gran Sol. Como é habitual, “o mantemento e a atención sanitaria do mamífero será responsabilidade da Cemma, contando coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do Igafa, que aproveitará a estancia desta cría para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños”.

CEMMA: gardiáns da costa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos

Unha viaxe ao pasado de Galicia: 4.000 anos de historia nun mapa interactivo

Chronas é unha ferramenta web con máis de 50 millóns de puntos de datos que abranguen dende o 2000 a. C.