A USC participa nun proxecto para promover o consumo responsable de cefalópodos

Investigadores da USC participarán no proxecto europeo ‘Cephs and Chefs‘, impulsado polo programa Interreg, para mellorar a cadea de produción das distintas especies de cefalópodos que se consumen en Europa. Tomarán parte os membros do Grupo de Análise Económica dos Mercados e Institucións (AEMI) Manel Antelo e Sebastián Villasante e o profesor Jacobo Feás, do grupo Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP).

O mercado europeo é un dos destinos máis importantes para este tipo de capturas, de aí que as pescarías destes produtos pesqueiros estean medrando neste continente de forma substancial tanto en termos de volume de pesca como na súa relevancia comercial e socioeconómica. A pesar disto, estas pescarías continúan a ser a menos estudadas tanto no sur –onde constitúen unha fonte de alimento para consumo humano cada vez maior– como no norte de Europa, xa que historicamente foron especies capturadas como descartes ou by-catch no marco da Política Pesqueira da Unión Europea. Ademais, sábese que este tipo de pescarías son de grande importancia para a pesca artesanal, onde o 50% do volume total das capturas son realizadas pola flota artesanal.

Publicidade

O obxectivo do proxecto, cun orzamento de 800.000 euros, consiste en desenvolver técnicas e ferramentas prácticas para as administracións e a industria pesqueira con vistas a coñecer as características da cadea de valor, a comercialización de cefalópodos, os actores involucrados, o emprego xerado, os perfís dos consumidores e as barreiras e oportunidades de negocio para os produtores e comercializadores. O traballo da cadea de valor será coordinado polos membros do Grupo AEMI da USC.

O proxecto tamén abordará os factores biolóxicos, como o estado do recurso; institucionais, como os mecanismos de xestión pesqueira; e comerciais, como as preferencias dos consumidores, “ todos eles claves que afectan á comercialización e consumo responsable de cefalópodos”, explica Villasante.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O palangre de pedra-bóla: a técnica ‘galega’ que reclama unha excepción ante Bruxelas

A pesca de fondo que se usa habitualmente coa pescada ten un baixo impacto nos fondos mariños, segundo un informe do Instituto Español de Oceanografía

A imparable desaparición da lagosta en Galicia: “Colapsou a comezos dos oitenta”

Un estudo repasa como a sobreexplotación da especie desde finais do século XIX provocou que a súa presenza sexa mínima nas costas

O mar baixo as luces: a contaminación luminosa como inimigo da vida mariña

En certas zonas portuarias, as poboacións de peixes presa diminúen un 25% e a taxa de supervivencia dos xuvenís é un 30% menor

Cámaras e IA a bordo para coñecer mellor os mares: “Non é un grande irmán, vai de ter máis información”

Un sistema desenvolto polo Oceanográfico de Vigo afina as tecnoloxías de control de capturas para suplir a ausencia de controladores humanos a bordo