Luns 29 Abril 2024

Comeza en Compostela o congreso de astronomía “Camiño das estrelas”

O Centro de Estudos Avanzados da USC acollerá a vindeira semana, entre o luns 18 e o venres 22, o congreso internacional ‘ Camiño das estrelas, un foro científico promovido conxuntamente polo Departamento de Historia I da USC, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

Este congreso internacional, que se celebra por vez primeira en Galicia favorecerá o debate sobre a visión do ceo nas distintas culturas e sociedades, desde a Prehistoria ata a actualidade. Está prevista a participación dun centenar de investigadores/as sobre astronomía na cultura procedentes de 32 países de Europa, América, África, Asia e Oceanía.

Publicidade

O evento desenvolverá as súas sesión a través de conferencias, comunicacións orais e pósters e contempla tamén un programa lúdico aberto á participación do público en xeral. De xeito parello á celebración deste congreso, Santiago de Compostela tamén acollerá estes días a reunión anual das tres principais organización de astronomía na cultura do mundo: ISAAC, SEAC e INSAP. No capítulo das conferencias convidadas intervirán, entre outros, Juan Antonio Belmonte (IAC), Clive Ruggles, da Universidade de Leicester; e Giulio Magli (Politécnico de Milán); aos que hai que engadir preto de 120 comunicacións orais e pósteres sobre resultados de investigacións de temáticas que van dende a astronomía megalítica á influencia do ceo na arte contemporánea, pasando por Exipto, Mesopotamia, a cultura inca, a illa de Pascua ou o ceo arredor da Catedral de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX

Como rexenerar o monte galego para resistir o cambio climático? Así o investigan na USC

Un grupo de Lugo proba distintas combinacións para a introdución de especies animais e vexetais en Quiroga, Abegondo e Cervantes

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico