Comeza en Compostela o congreso de astronomía “Camiño das estrelas”

O Centro de Estudos Avanzados da USC acollerá a vindeira semana, entre o luns 18 e o venres 22, o congreso internacional ‘ Camiño das estrelas’, un foro científico promovido conxuntamente polo Departamento de Historia I da USC, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).

Este congreso internacional, que se celebra por vez primeira en Galicia favorecerá o debate sobre a visión do ceo nas distintas culturas e sociedades, desde a Prehistoria ata a actualidade. Está prevista a participación dun centenar de investigadores/as sobre astronomía na cultura procedentes de 32 países de Europa, América, África, Asia e Oceanía.

Publicidade

O evento desenvolverá as súas sesión a través de conferencias, comunicacións orais e pósters e contempla tamén un programa lúdico aberto á participación do público en xeral. De xeito parello á celebración deste congreso, Santiago de Compostela tamén acollerá estes días a reunión anual das tres principais organización de astronomía na cultura do mundo: ISAAC, SEAC e INSAP. No capítulo das conferencias convidadas intervirán, entre outros, Juan Antonio Belmonte (IAC), Clive Ruggles, da Universidade de Leicester; e Giulio Magli (Politécnico de Milán); aos que hai que engadir preto de 120 comunicacións orais e pósteres sobre resultados de investigacións de temáticas que van dende a astronomía megalítica á influencia do ceo na arte contemporánea, pasando por Exipto, Mesopotamia, a cultura inca, a illa de Pascua ou o ceo arredor da Catedral de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos