Venres 29 Marzo 2024

Converfit, a analítica web galega que sorprende a Google e Microsoft

A situación é coñecida para case todo o mundo. Temos un problema coa nosa compañía telefónica; os trámites e as esperas para arranxar a situación son incómodos, lentos e, moitas veces, pouco eficaces. Cansos de escoitar música de sala de espera e de saltar dun teleoperador a outro, Pablo Gutiérrez Alfaro Jorge Rodríguez Núñez, dous emprendedores vigueses, decidiron idear unha ferramenta de mensaxería instantánea entre empresas e clientes denominada Citious.

Converfit evolucionou dun servizo de mensaxería instantánea para empresas e clientes

Pero pouco despois, as demandas das empresas, que moitas veces solicitaban máis servizos,como o chat web, obrigou a Citious a evolucionar. Desenvolveron entón outro produto, Converfit, un sistema de analítica para páxinas web que agora é o cerne da empresa.

Publicidade

“Contámoslle ás empresas todo o que fan os clientes nas súas páxinas web: cómo se moven, que produtos consultan, que buscas fan, etc.”, conta Lucía Sendón, responsable de comunicación de Converfit. A ferramenta recolle os datos e desenvolve perfís de cada cliente que visita páxina. Dispón, ademais, dun servizo de chat en directo para asesorar aos clientes durante o proceso de compra e aumentar a taxa de conversión. É dicir, conseguir que unha mellor proporción entre visitas e vendas.

A apariencia dos sitios web muda segundo as preferencias dos clientes

A apariencia dos sitios web muda segundo as preferencias dos clientes

Deste xeito, cada cliente obtén unha experiencia de compra a medida. “Aseméllase  ao que cada un de nós fai cando pedimos consello ao dependente nunha tenda física”, explican. A través de banners, popups e mailing, cada usuario recibe as súas propias recomendacións. “Se a xente adoita mercar impulsada polo prezo do produto, ofrecémoslles descontos; se ao usuario lle gustan os vestidos de flores, apareceranlle banners con vestidos de flores e enviarémoslle correos con ofertas de vestidos de flores”, apunta Lucía Sendón.

A ferramenta conta con clientes de sectores moi diversos, como a moda, a banca ou a telefonía, e traballan en todo o relacionado con comercio online ou venta física a partir das visitas ás páxinas web. Ata o de agora, Converfit traballa con grandes contas, pero xa teñen a punto sistema orientado ás pemes, que está a piques de saír ao mercado.

Unha mostra do funcionamento da ferramenta de Converfit.
Unha mostra do funcionamento da ferramenta de Converfit.

En pouco máis dun ano, este proxecto están dando abondosos froitos. A finais de 2015, Converfit foi a única empresa española seleccionada no Microsoft Ventures Accelerator, celebrado en Londres. “Tivemos a oportunidade de traballar durante tres meses con mentores de Microsoft, de moi alto nivel, e que estaban moi involucrados nos proxectos”, lembra Sendón. Pouco despois, Google tamén petou á súa porta, e foron convidados a pasar 15 días en Silicon Valley dentro do programa BackBoxConnect, co que desenvolveron  e presentaron o seu proxecto e estableceron relaciones con inversores internacionais.

Converfit lanzará próximamente un sistema adaptado ás pemes

En Galicia, o apoio de Vía Vigo foi fundamental para Converfit. O que entón era Citious foi seleccionado como un dos 10 finalistas na segunda edición da aceleradora de empresas VíaGalicia. Este recoñecemento permitiulle á empresa establecer a súa base en Porto do Molle, xunto a outras start-up galegas. “É moi agradable traballar ao carón de proxectos similares”, sinala a responsable de comunicación da empresa.

Agora, as perspectivas de Converfit céntranse na comercialización e a mellora continua do seu produto, amais do lanzamento da súa liña para pemes. O camiño, polo de agora, comezou ben.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos