Ruta da Real Expedición da Vacina desde A Coruña. Gráfico: Ecelan

Ruta da Real Expedición da Vacina desde A Coruña. Gráfico: Ecelan

Os 22 orfos coruñeses que levaron a vacina da varíola a América

Os nenos foron infectados en 1803 para transportar "in vivo" o remedio en barco e tres deles morreron na travesía

Monumento a Balmis en Alicante

Monumento a Balmis en Alicante

En 1796, Edward Jenner descubría os principios da primeira vacina. Este médico británico observou que a infección cunha variedade de varíola que padecían as vacas inmunizaba ós humanos. Empezaba a loita contra “o máis terrible de todos os ministros da morte”, segundo describiu o historiador británico Thomas Macaulay. Unha contenda que concluíu en 1980, cando a OMS deu por erradicada a enfermidade en todo o planeta.

A vacina da varíola pronto chegou a Europa. Pero o problema consistía en levala máis lonxe, nunha época de transportes lentos e ausencia de sistemas de refrixeración.

Aquí aparece un médico alicantino, Francisco Xavier Balmis, quen logrou convencer ao rei Carlos IV para financiar unha idea revolucionaria: infectar nenos orfos e utilizalos para levar a vacina a América, onde a enfermidade, levada en 1518 polos primeiros colonos españois, tiña efectos devastadores.

A chamada Real Expedición Filantrópica da Vacina partiu da Coruña o 30 de novembro de 1803. E está considerada un fito na saúde pública, aínda que segue espertando dúbidas éticas. 22 nenos orfos coruñeses convertéronse así en heroes, levando nos seus corpos a América a salvación para miles de conxéneres. A enfermeira Isabel Zendal, reitora do Hospital da Caridade da Coruña, foi a gran protagonista que coidou dos cativos na súa viaxe.

Unha enfemidade que se cebaba nos nenos

Carlos IV foi moi sensible á expedición. A súa filla a infanta María Luisa padecera varíola, unha enfermidade que se cebaba nos nenos, tiña alta mortalidade ou causaba cegueira e desfiguraba os rostros. Unha variedade era tan mortal como o propio ébola.

Segundo a Real Orde de 29 de xuño de 1803, “o Rei, celoso da felicidade dos seus vasalos, serviuse resolver, oído o ditame do Consello e dalgúns sabios, que se propague ás dúas Américas e, se fose dable, ás Illas Philipinas, a custa do Real Erario, a inoculación da vacina, acreditada en España e en case toda Europa como un preservativo das varíolas naturais,”.

Balmis viu que o único método para transportar o remedio en perfectas condicións era utilizando seres humanos. Inglaterra intentara usar vacas, pero non foi posible. E ata entón empregábase o pus fresco entre dous cristais, pero cando o produto chegaba a América os virus eran inviables.

Non existía a técnica e Balmis tivo a idea. De dubidosa ética, pero efectiva. O médico suxeriu utilizar 22 nenos orfos para que fixesen de transmisores do virus.

Monumento ós nenos orfos

Monumento na Coruña ós nenos orfos da expedición.

Os nenos foron recrutados no orfanato Casa de Expósitos da Coruña. Contratouse tamén á reitora deste centro, Isabel López de Gandalia. Finalmente, o 30 de novembro de 1803 zarpou do porto coruñés a corveta “María Pita” cos 22 nenos orfos; Balmis; 2 médicos asistentes, 2 prácticos, 3 enfermeiras e a reitora do orfanato.

Durante a travesía, Balmis practicaba nos nenos unha incisión cunha lanceta e inoculáballes o virus. Ao cabo de dez días, aparecían uns grans dos que saía o valioso fluído que servía como vacina. Os grans secábanse, polo que o médico tiña que ir infectando nenos, sucesivamente.

Pouco despois dun mes, os nenos salvadores chegaron a Porto Rico. Dous morreron na travesía: Tomás Metitón e Juan Antonio, de tres e cinco anos. E falecería outro máis antes de chegar a México.

Balmis seguiu a recrutar nenos en América

Ao longo de máis de dous anos, a expedición de Balmis foi vacinando nenos ao longo de América. Para facelo, seguiu recrutando rapaces de orfanatos, para que transportasen a vacina nos seus corpos. Pouco se sabe do destino daqueles heroes forzados, aínda que algúns foron acollidos por familias. Mentres outros remataron en hospicios, ante a incomprensión dalgunhas autoridades e o receo da Igrexa, contraria á vacinación.

Balmis chegaría ata Filipinas e Macao. E a súa historia merecería unha desas películas inesquecibles, de incribles aventuras. Falouse algunha vez dun filme protagonizado por Luis Tosar José Coronado. Pero o proxecto aínda non callou.

Na Coruña, ante o Domus, unhas placas recordan ós 22 pequenos heroes galegos. Algúns entre aqueles orfos chegaron a dar a súa vida para salvar á doutros ante a varíola, a enfermidade que máis mortes causou na historia da Humanidade.

7 respostas a “Os 22 orfos coruñeses que levaron a vacina da varíola a América”

  1. Cuca Pichel

    El procedimiento fue cruel para los huérfanos pero se recurrió a un método que resultó positivo para la humanidad. Es un hecho histórico digno de ser divulgado. El avance de la medicina ha costado muchas vidas para despues lograr salvar otras.

  2. Miguel Anxo

    Lamento não coinzidir para nada com a vissão do artigo. Neste relato histórico nada se diz da vulneração dos direitos das crianças e para nada se comenta que a sua eleção foi motivo de ser uns desposuidos materias, de afetos e de carinho não só por parte dos seus pais senão também por parte da institução responsável nem dos médicos que os usar como animais e não como pessoas. É lamentável que nada se diga das crianças que morrerão na travesia. Compre uma vissão mais crítica com a história deste relato para ser um pouco mais humanos.

  3. Marcos

    De verdade que utilizar a meniños galegos desprotexidos por ser orfos, varios dos cales morreron, e dicir que foron recrutados (eran nenos de 3 anos algúns) e que deron a súa vida para salvar outros (como se o fixesen voluntariamente) non vos produce náuseas como seres humanos?

  4. Mercedes Pablos

    El artículo está muy bien, pero ahora sí que se ha hecho una película (miniserie que emitiran en la TVG y la RTVE) titulada “22 ángeles” basado en la obra de Almudena Arteaga “Ángeles Custodios”.
    La peli se rodó en Coruña, Santa María de Oia, Tuy, Valencia y Madrid.
    Yo hago de monja.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.