Histórica imaxe da Terra tomada pola misión Apollo en 1972. Foto: NASA.

Histórica imaxe da Terra tomada pola misión Apollo en 1972. Foto: NASA.

Máis de 15.000 científicos lanzan un novo aviso para protexer a Terra

Investigadores de 184 países fan un chamamento porque a situación do planeta está a empeorar gravemente

Histórica imaxe da Terra tomada pola misión Apollo en 1972. Foto: NASA.

Histórica imaxe da Terra tomada pola misión Apollo en 1972. Foto: NASA.

En novembro de 1992, 1.700 científicos, incluídos varios premios Nobel, lanzaron unha advertencia á humanidade: as actividades antropoxénicas prexudican seriamente ao planeta. A pesar das recomendacións para protexer o medio ambiente, 25 anos despois, máis de 15.000 científicos de 184 países fan outro chamamento porque as tendencias mundiais non fixeron máis que empeorar, agás no caso da capa de ozono.

O documento pide apostar polas enerxías renovables.

O documento pide apostar polas enerxías renovables.

O solo, a auga, os océanos, as fragas, a atmosfera e as especies están ameazados pola actividade humana e con eles o benestar das persoas. Conscientes de que o planeta puidese quedar “irremediablemente mutilado”, en novembro de 1992, a Union of Concerned Scientists lanzou unha  advertencia á humanidade, asinada por 1.700 científicos, para tentar reverter os efectos antropoxénicos en nove aspectos do medio ambiente.

Con todo, 25 anos máis tarde, o cambio climático, a deforestación, a perda de acceso á auga doce, a extinción de especies e o crecemento da poboación humana non fixeron máis que agravar a situación. Así o manifestan agora máis de 15.000 científicos de 184 países nunha  nova declaración publicada na revista BioScience.

Grazas aos datos recompilados, o artigo, liderado polo equipo de William Ripple, da Universidade do Estado de Oregón (EE UU), advirte do “dano substancial e irreversible” que está a sufrir o planeta. “Algúns poderían pensar que estamos a ser alarmistas, pero os asinantes desta segunda advertencia non só non están a lanzar unha falsa alarma, senón que están a recoñecer que existen sinais obvios de que estamos a ir por un camiño insustentable”, indica Ripple.

Os científicos que o dexesen aínda poden sumarse á iniciativa, uníndose á declaración

O manifesto recolle alguns deses sinais, entre os que destacan unha redución do 26% na cantidade de auga doce dispoñible por habitante; unha redución na captura de peixes salvaxes, a pesar dos esforzos; un aumento do 75% no número de zonas mortas nos océanos; unha perda de máis de 121 millóns de hectáreas de bosque; continuos aumentos nas emisións globais de carbono e nas temperaturas medias; un aumento do 35% da poboación humana; e unha redución do 29% no número de mamíferos, réptiles, anfibios, aves e peces.

“Neste novo documento revisamos estas tendencias e avaliamos a resposta humana posterior ao explorar os datos dispoñibles”, subliña Thomas Newsome, investigador na Deakin University e a University of Sydney (Australia), e coautor do traballo que logrou, a través das redes sociais, recompilar firmas para esta nova declaración  á que aínda se poden unir científicos.

O primeiro documento lanzado hai 25 anos permitiu xerar certas presións públicas para convencer aos líderes políticos a tomar decisións como o establecemento de máis reservas mariñas, fortalecer as leis contra a caza furtiva e restrinxir o comercio da vida silvestre, a mellora da planificación familiar, e a adopción de enerxías renovables, entre outros.

Nestas dúas décadas, non todo foi negativo, sinalan os autores. A diminución do uso de substancias químicas que prexudican a capa de ozono e un aumento das enerxías verdes demostran que tamén se pode avanzar. Ademais, os investigadores informan que se produciu un declive nas taxas de fertilidade nalgunhas rexións do mundo. E noutras, a taxa de deforestación foi desacelerada.

“Pronto será demasiado tarde para cambiar o rumbo da nosa traxectoria errada”, salientan os autores, que rematan o seu documento cunha mensaxe optimista se afrontan xuntos os desafíos ambientais. “Podemos facer un gran progreso polo ben da humanidade e do planeta do que dependemos”, conclúen.

Aquí é posible unirse á iniciativa
asinando como científico esta declaración

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.