Ramón María Aller pousa con aparellos e o seu equipo.

Ramón María Aller pousa con aparellos e o seu equipo.

Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller

A Universidade de Santiago presenta 'Astronomía a ollo ceibe' no 50 aniversario de seu pasamento

Coincidindo co 50 aniversario do pasamento do seu autor Ramón María Aller, a USC e Secretaria Xeral de Política Lingüística co editan o libro ‘Astronomía a ollo ceibe’, tradución ao galego de Astronomía a simple vista, obra publicada en 1948.

1333194504_extras_ladillos_4_0

Ramón María Aller, astrónomo e matemático, é o iniciador da investigación astronómica en Galicia dende o seu Observatorio particular en Lalín e logo como profesor de Matemáticas e catedrático de Astronomía na USC onde fundou e dirixiu o Observatorio Astronómico universitario, que dende 1983 leva o seu nome. Especialista en debuxo, reloxería, deseño de instrumentación científica, o padre Aller é lembrado non só polas súas múltiples achegas e facetas científicas, senón tamén pola súa humildade e entrañable personalidade.

En palabras de José Ángel Docobo, actual director do Observatorio da USC, “a produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas… 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX”.

Un cráter da Lúa leva o nome de Ramón María Aller

Aller inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Era un políglota que dominaba dez idiomas. Ten, ademais, o privilexio de que o seu nome está na cartografía da Lúa. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter do satélite da Terra.

O novo volume foi presentado no Observatorio Astronómico da USC (Campus Vida), polo reitor Juan Viaño e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

Ademais da presentación deste volume, as homenaxes a Ramón María Aller, no medio século do seu pasamento, inclúen en Lalín a celebración dunha ofrenda floral e a inauguración dunha exposición no Museo Municipal con fotos, traballos e instrumentos do científico dezano, a que acompañarán dúas charlas de José Ángel Docobo e Cecilia Doporto.

2 respostas a “Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller”

  1. Cecilia Doporto

    Cando se fala do Museo de Lalín, é Municipal, non Provincial. Pero gustosamente seríamos capital de provincia… xa que somos Km 0

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.