O equipo de xeólogos do proxecto traballando sobre o terreo. Foto: Universidade de Salamanca.

O equipo de xeólogos do proxecto traballando sobre o terreo. Foto: Universidade de Salamanca.

As fallas de Galicia xa teñen data: 308 millóns de anos

Unha investigación internacional conclúe que as fallas galegas datan da formación do supercontinente Panxea e das actuais montañas

As fallas aparecen coa formación de Panxea, súpercontinente que tiña este aspecto hai 230 millóns de anos.

As fallas aparecen coa formación de Panxea, súpercontinente que tiña este aspecto hai 230 millóns de anos.

A finais do Devónico e ao longo do Carbonífero, o solo de Galicia revirouse para formar as súas principais montañas. Os grandes continentes primitivos, como Euramérica Gondwana, uníronse para formar Panxea, o continente único que máis tarde se separaría para debuxar o mapa do mundo actual.

Agora, un estudo internacional datou as fallas do terreo en Galicia e todo o Oeste da península Ibérica. E a data encaixa co momento en que se creou o principal da orografía galega. A cifra é moi exacta: hai 308 millóns de anos.

Cun sofisticado sistema de isótopos, os científicos dataron as fallas coruñesas de Punta Langosteira e de Malpica de Bergantiños. Ambas as dúas formáronse hai pouco máis de 300 millóns de anos, cando aparecen en terra firme os primeiros réptiles e a paisaxe vexetal está formada por grandes árbores como o lepidodendron, de máis de 40 metros de altura.

As mostras xeolóxicas, recollidas pola Universidade de Salamanca nesta provincia e tamén en Zamora, A Coruña e Portugal, viaxaron decenas de miles de quilómetros por varios países do mundo para descubrir a idade das fallas desta zona. Segundo un estudo, coincide co pregamento do terreo coñecido como Oróxeno Varisco, que afectou ao oeste da península e fixo xurdir as cordilleiras actuais.

Os datos foron publicados na revista científica Tectonophysics, e o xeólogo Gabriel Gutiérrez-Alonso, amósase satisfeito desta datación: “Hai grandes fracturas que percorren o oeste da península ibérica que tiñan unha idade non determinada. Neste traballo datámolas e comprobamos que son coetáneas do pregamento que sufriu esta zona e cuxo resultado son as rochas actuais”, explicou o científico a axencia Sinc.

A datación foi posible ao calcular a súa idade mediante o seu “reloxo isotópico“, é dicir, usando isótopos de potasio e argon do mineral mica moscovita que actúan como reloxos.

O reloxo de isótopos permitiu datar as rochas en laboratorios de Canadá e Australia

O curioso é que as mostras destes cinco enclaves peninsulares tiveron que viaxar miles de quilómetros para obter os resultados. En Adelaida (Australia) foron seleccionados os minerais, de alí trasladáronse a Ontario (Canadá), onde se introduciron nun reactor nuclear durante máis de 30 horas e volveron a Australia para ser analizadas nos laboratorios da Curtin University de Perth (Australia) polo investigador Fred Jourdan mediante o quentamento nun sofisticado láser ata a súa fusión.

Aínda que as fallas se adoitan asociar a terremotos, “as que recolle este estudo encóntranse totalmente inactivas”, afirma o experto. De feito, a actividade sísmica do noroeste da Península, que é moi escasa, está determinada por outras fracturas do terreo. En Galicia, a actividade principal está en fallas máis modernas situadas no triángulo de Triacastela.

Ademais dos científicos australianos e canadenses, tamén colaboraron investigadores de Filadelfia (Estados Unidos) e, por parte española, a Universidade Complutense de Madrid e o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME). En total, oito xeólogos de cinco países están involucrados neste estudo que supón un dos últimos resultados dentro de dous proxectos de investigación sobre o Oróxeno Varisco. Cando se formou Panxea, o continente único, e boa parte das montañas que hoxe existen en Galicia e o mundo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.