Venres 29 Marzo 2024

Falece a bióloga e académica viguesa Aida Fernández Ríos

Consternación polo pasamento da científica viguesa Aida Fernández Ríos, ex directora do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e membro de número da Real Academia Galega de Ciencias. Fernández Ríos faleceu onte nun fatal atropelo que se cobrou a vida de dúas mulleres en Meira, Moaña. O accidente aconteceu sobre as 21 horas do martes na PO-551, cando un BMW negro arroiou dúas mulleres, xusto diante da porta da vivenda dunha delas.
A doutora en bioloxía e profesora no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Vigo foi nomeada membro da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) o pasado mes de xuño. Fernández Ríos converteuse na terceira muller en ingresar na institución.
Aida Fernández Ríos ingresou no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo do CSIC en 1972, onde exerceu como directora entre 2006 e 2011. Traballaba na determinación do aumento do dióxido de carbono de orixe antropoxénica (causado pola acción do home) e no aumento da acidez na auga do mar, principalmente no Océano Atlántico. Publicou máis de 100 traballos de investigación, 92 deles en revistas do SCI (Scientific Citation Index), con máis de 3.000 citas, e é revisora de diversas publicacións científicas. Participou en máis de 50 conferencias internacionais contribuíndo con presentacións orais ou pósters.

Fernández Ríos era unha destacada investigadora da acidificación dos océanos

Fernández Ríos, que ten participado en máis de 50 proxectos de investigación, realizou estancias nos centros de investigación James Rennell Center for Ocean Circulation de Southampton (Reino Unido), Brookhaven National Laboratory Associated Universities en Long Island, NY (EE.UU) e no Laboratoire de Physique des Océans (CRNR-IFREMER-Université) en Brest (Francia).
Foi presidenta do comité español do International Geosphere-Biosphere Programme sobre cambio global entre 2005 e 2011. Participou en 30 campañas oceanográficas (en cinco delas en calidade de xefa científica), das cales 10 foron internacionais, realizadas nos océanos Atlántico e Índico e na Antártida.
Era membro da Comisión Académica do Campus do Mar, do Comité Científico da Plataforma Oceánica de Canarias (PLOCAN) e do Conseil d’Orientation Strategique et Scientifique de la Flotte Océanographique Française. Ademais, é punto focal en España do programa Global Ocean Ship-based Hydrographic Investigations Program (GO-SHIP).
Realizou tarefas como avaliadora tanto de proxectos e infraestrutura de convocatorias  nacionais como de proxectos europeos, estatais de Suecia e da National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA) en Estados Unidos, así como de proxectos de campañas oceanográficas do Institut Français de Recherche pour l’Exploitation de la Mer(IFREMER).

Publicidade

Aquí podes ler unha reportaxe en GCiencia sobre as investigacións de Aida Fernández Ríos
‘Científicos de Vigo confirman que o océano está a volverse ácido’

2 COMENTÁRIOS

  1. Quizás lo más triste es comparar el perfil de la fallecida con el perfil del niñato de 20 años que conducía el BMW en una zona con limitación de velocidad a 40 Km/h. Estamos haciendo un mundo muy muy injusto!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais