Venres 26 Abril 2024

As cardiopatías multiplican por dez o risco de morrer facendo deporte

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle desde este xoves o XIII Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Saúde, no que participan máis de 250 estudantes e profesionais deste eido. Durante as xornadas presentaranse máis dun centenar de investigacións e haberá seminarios nos que participan máis de 30 expertos de España, Arxentina, Cuba e Portugal.

Un dos relatores da xornada inaugural do xoves foi Guillermo Bortman, xefe dos servizos médicos do club de fútbol Boca Júniors, que alertou dos riscos de realizar actividade física de xeito imprudente sen as debidas precaucións. Bortman sinalou que o deporte pode ser “un disparador” de problemas para a saúde nas persoas que teñan cardiopatías. “Teñen dez veces máis risco de morte que unha persoa sa que faga a mesma actividade”.

Publicidade

Todos os anos falecen en España uns 130 deportistas por morte súbita

“O deporte mata?” era o título da conferencia de Bortman. O doutor iniciou relatando os múltiples beneficios que a actividade física ten para a saúde das persoas. Mais tamén, lembrando que en España falecen “aproximadamente uns 130 atletas de morte súbita cada ano, moitos deles persoas que teñen unha patoloxía cardiovascular previa e que se lanzan a facer deporte sen chequeos e controis”. De aí que o xefe médico de Boca Juniors, que na anterior edición deste congreso abordara precisamente a prevención da morte súbita, aludise no seu relatorio a diferentes estudos que constatan que para “aquelas persoas que teñen un problema cardiovascular e non o saben, o deporte termina sendo vez veces máis perigoso”.

Poñer de relevo que o que mata e “a neglixencia e a imprudencia das persoas” era o obxectivo dunha conferencia na que incidiu en diferentes problemáticas. Alertou, por exemplo, do consumo de substancias dopantes, que se subministran ao deportista “para sacar vantaxe competitiva, pero que moitas delas supoñen tamén un risco para a saúde mesma”, como podería ser o caso da EPO, unha hormona produtora de glóbulos vermellos que protagonizou varios casos de dopaxe no ciclismo e que supón “un risco de trombose”. Bortman aludiu tamén ao falecemento “sen explicación”, en 2015, de doce ex-xogadores de entre 45 e 65 anos da NBA, unha liga que “na época na que eles xogaban non contaba con ningún tipo de control antidoping”. Con este exemplo o conferenciante quería poñer de relevo que, máis aló da morte súbita, o uso deste tipo de substancias “ten consecuencias para o resto da vida”. De aí que incidise na importancia da loita contra o dopaxe, así como da necesidade de realizar controis médicos que permitan as persoas realizar unha actividade física adecuada ás súas características e estado de saúde.

Guillermo Bortman, xefe médico de Boca Júniors. Foto: Duvi.
Guillermo Bortman, xefe médico de Boca Júniors. Foto: Duvi.

O congreso arrincou cun minuto de silencio en memoria de Antonio Maceira, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e membro do comité científico destas xornadas, falecido o pasado mes de marzo, como lembrou o presidente do comité organizador e profesor tamén deste centro, José Luis García Soidán.

Amais dos riscos da imprudencia na práctica do deporte, as xornadas ofrecen outras moitas perspectivas, “cunha forte compoñente social e formativa”, segundo sinalou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho. Saúde e hixiene, ocio e tempo libre, didáctica da educación física, rendemento deportivo, xestión e lexislación deportiva e ciencias sociais, antropoloxía e psicoloxía constitúen as seis áreas de análise que abrangue este congreso, que finaliza o sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cal é a mellor opción para facer ‘cardio’ na casa?

Se estás pensando en mercar un aparello para adestrar pola túa conta, aquí tes os pros e contras das principais alternativas

Exercicio na casa sen metas milagreiras

Facer deporte no fogar pode ser boa idea para manter a forma, pero é preciso ter coidado cos resultados extraordinarios que prometen as redes sociais

Cacao e alfarroba: unha mestura contra a miocardiopatía diabética

Investigadoras do CSIC comproban en animais unha combinación de alimentos que pode protexer de problemas cardíacos asociados á diabetes tipo 2

Un estudo expón que o uso da máscara non afecta á capacidade física ao facer deporte

A análise de diversos parámetros fisiolóxicos non observa diferenzas significativas no caso de persoas sen patoloxías cardiorespiratorias