Cacao e alfarroba: unha mestura contra a miocardiopatía diabética

Investigadoras do CSIC comproban en animais unha combinación de alimentos que pode protexer de problemas cardíacos asociados á diabetes tipo 2

Investigadoras do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron unha mestura de cacao e alfarroba sen azucre que protexe fronte á miocardiopatía diabética. Este composto amplifica o seu efecto en combinación coa metformina, o fármaco máis utilizado no tratamento da diabetes tipo 2. A investigación, publicada na revista Antioxidants, xa foi probada en modelo animal de diabetes e abre a porta a tratamentos que combinen o coidado da diabetes e a función cardíaca.

Aínda que na actualidade se dispón de numerosos fármacos para o control glucémico de pacientes con diabetes tipo 2, na maioría dos casos estes non logran previr as complicacións cardíacas. “Os compostos bioactivos da dieta, como os polifenois, recibiron gran atención nos últimos anos pola súa demostrada eficacia na prevención de enfermidades cardiovasculares sen efectos secundarios adversos”, indica a investigadora principal do estudo, María Ángeles Martín, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos e Nutrición (ICTAN-CSIC) e do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Diabetes e Enfermidades Metabólicas Asociadas (CIBERDEM, ISCIII).

Publicidade

Mestura de compostos bioactivos

O cacao é un alimento rico en polifenois con propiedades antioxidantes, antiinflamatorias e cardioprotectoras. Con todo, en estado puro, o seu sabor é amargo e pouco atractivo para a maioría de persoas. Este sabor adoita modificarse engadindo azucres, xerando así produtos cun peor perfil nutricional e contraindicados para as persoas diabéticas. “Pola contra, a alfarroba, rica en polifenois e fibra demostrou ser unha boa opción para combinar co cacao e xerar unha mestura cun alto contido de compostos bioactivos e cun sabor menos amargo”, explica a investigadora.

“A mestura de cacao e alfarroba protexeu o corazón das ratas do aumento de estrés oxidativo e a inflamación asociados á diabetes tipo 2”

Desta forma o equipo científico, onde tamén participaron investigadores do CIBER de Enfermidades Respiratorias (CIBERES, ISCII) e da Universidade Complutense de Madrid (UCM), codesenvolveu ensaios in vivo nos que se suplementou a ratas diabéticas e con obesidade co produto de cacao e alfarroba. “Os animais melloraron os niveis de glicosa en sangue, tanto en xaxún como despois das comidas. Igualmente, a mestura de cacao e alfarroba protexeu o corazón do aumento de estrés oxidativo e a inflamación asociados á diabetes tipo 2, o que evitou o desenvolvemento da miocardiopatía diabética”, expón Martín. Ademais, as investigadoras comprobaron que a mestura de alfarroba e cacao combinada con metformina mellorou a protección fronte a complicacións cardíacas.

Publicidade


Referencia: Supplementation with a Cocoa–Carob Blend, Alone or in Combination with Metformin, Attenuates Diabetic Cardiomyopathy, Cardiac Oxidative Stress and Inflammation in Zucker Diabetic Rats (Publiado en Antioxidants). 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri