Luns 6 Maio 2024

Perixeo da Lúa sobre Filadelfia

Créditos da imaxe copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)
Créditos da imaxe copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicaciónunha superlúa ponse sobre a metrópole de Filadelfia nesta instantánea crepuscular do 14 de novembro ás 6:21 a.m. Tempo Estándar do Leste. Tendo en conta as horas da fase completa exacta da Lúa, ese intre correspóndese cun perixeo lunar ou o punto máis achegado da órbita elíptica da Lúa ao redor do noso fermoso planeta. Esta Lúa chea, lixeiramente máis grande e brillante no perixeo, aínda ten unha aparencia aplanada e distorsionada pola refracción das capas atmosféricas ao longo da liña de visión preto do horizonte. Tamén como o resto de lúas cheas, brilla nas cores mornas da luz solar. O  luar do perixeo, unido aos edificios do perfil urbano de Filadelfia, reflíctese nas augas do maxestoso río Schuylkill.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os linfocitos ‘Natural Killers’: unha alerta contra o cancro de mama máis agresivo

As chamadas células asasinas naturais segregan uns tipos de citoquinas que activan a resposta inmunitaria

Un equipo da UVigo avalía o uso de realidade virtual en persoas con esclerose múltiple

O grupo HealthyFit trata de mellorar as capacidades funcionais dos pacientes a través do exercicio terapéutico e das novas tecnoloxías

Os desafíos de descontaminar o lindano no Porriño: “Hai concentracións de ata 600 veces por riba do límite”

Dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aseguran que o proxecto comezará a principios de verán

Riazor e as estacións de bus e tren de Ourense son os puntos máis ruidosos de Galicia

Un informe da Consellería de Medio Ambiente e Cambio climático sinala o tráfico e o ocio como principais axentes de contaminación acústica