Perixeo da Lúa sobre Filadelfia

Créditos da imaxe copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)
Créditos da imaxe copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicación: unha superlúa ponse sobre a metrópole de Filadelfia nesta instantánea crepuscular do 14 de novembro ás 6:21 a.m. Tempo Estándar do Leste. Tendo en conta as horas da fase completa exacta da Lúa, ese intre correspóndese cun perixeo lunar ou o punto máis achegado da órbita elíptica da Lúa ao redor do noso fermoso planeta. Esta Lúa chea, lixeiramente máis grande e brillante no perixeo, aínda ten unha aparencia aplanada e distorsionada pola refracción das capas atmosféricas ao longo da liña de visión preto do horizonte. Tamén como o resto de lúas cheas, brilla nas cores mornas da luz solar. O  luar do perixeo, unido aos edificios do perfil urbano de Filadelfia, reflíctese nas augas do maxestoso río Schuylkill.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo