Martes 30 Abril 2024

O sorriso da gravidade

Créditos da imaxe: raios X – NASA / CXC / J. Irwin et al. ; Visual- NASA/STScI
Créditos da imaxe: raios X – NASA / CXC / J. Irwin et al. ; Visual- NASA/STScI

Explicación: a teoría da relatividade xeral de Albert Einstein, publicada hai 100 anos este mes, predicía o fenómeno de lente gravitatoria. E iso é o que lle dá a estas galaxias afastadas esa aparencia caprichosa, ollada ao través do espello dos datos de imaxes de raios X e visual procedentes dos telescopios espaciais Chandra e Hubble. As dúas grandes galaxias espirais do grupo, alcumado como o grupo galáctico o Gato de Cheshire, están enmarcadas suxestivamente por arcos. Os arcos son imaxes en visualde galaxias afastadas no fondo ampliadas pola masa gravitatoria da distribución total do grupo en primeiro plano, dominado pola materia escura. De feito, as dúas galaxias elípticas grandes do centro representan aos membros máis brillantes dos seus propios grupos galácticos que se están a fusionar. A súa velocidade relativa de colisión de case 1.350 quilómetros por segundo quece o gas millóns de graos producindo o brillo en raios X que se amosa en tons púrpura. Curiosado* sobre as fusións de grupos de galaxias? O grupo do Gato de Cheshire sorrí na constelación da Osa Maior, a uns 4,6 mil millóns de anos luz de distancia.
* N.T.: a palabra “curiosado” e outras referencias, chiscadelas ao mundo de Alicia nas obras de Lewis Carroll quen, por certo, era un moi bo matemático.
18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha obra no río Miño afecta a dúas especies vulnerables e pon en alerta os ecoloxistas

A restauración dun caneiro en Acea de Olga, na cidade de Lugo, obriga a trasladar a dúas poboacións de bivalvos ameazadas

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

Un proxecto europeo avanza na xestión de pragas para unha viticultura máis sostible

Novaterra celebra o 9 de maio un evento no Rosal para analizar os desafíos clave na protección do viñedo

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX