Luns 29 Abril 2024

O furacán Harvey fortalécese

Créditos do vídeo: NASA-NOAA GOES Project

Explicación: no Golfo de México desenvolveuse un furacán grande e perigoso. O vídeo secuencia publicado amosa ao furacán Harvey medrando ata unha forza de categoría 4 durante os últimos días, tal e como captou o satélite GOES-leste da NASA mailo NOAA. Comezando coma unha lixeira baixa na presión do aire, os furacáns medran ata seren amplos sistemas tormentosos en espiral, completados con ventos fortes e chuvia torrencial. Os furacáns son alimentados pola auga oceánica en evaporación, polo que normalmente adquiren forza sobre a auga morna e perden forza sobre terra. Aínda hai moito descoñecido sobre os furacáns e os ciclóns, incluíndo detalles de como se forman e o camiño exacto que seguen. O furacán Harvey, acompañado por unha perigosa marexada ciclónica, tomaron terra a finais do día de onte en Texas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón