Domingo 28 Abril 2024

Unha nevarada no cometa Churyumov

Créditos da imaxe: ESA, Rosetta, MPS, OSIRIS; UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA – Animación GIF: Jacint Roger Pérez
Créditos da imaxe: ESA, Rosetta, MPS, OSIRIS; UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA –
Animación GIF: Jacint Roger Pérez

Explicación: realmente nunca te verías atrapado nesta nevarada mentres ficas nun cantil de Churyumov-Gerasimenko, tamén coñecido coma o cometa 67P. A cámara de ángulo estreito da nave espacial Rosetta, que orbitaba o cometa en xuño de 2016, gravou raias de partículas de po e xeo que atravesaba o campo de visión preto da cámara e por riba da superficie do cometa. Con todo, algunhas das pintiñas brillantes da escena débense probablemente a unha choiva de partículas cargadas enerxéticamente ou raios cósmicos que baten na cámara, e un denso fondo de estrelas na dirección da constelación do Can Maior. Preme no fotograma para poñer en marcha a animación e podes ollar de xeito doado as estrelas do fondo mentres deixan os seus ronseis desde a parte superior cara abaixo no gif animado (7.7MB). Os 33 fotogramas da animación, comprimida temporalmente, abarcan uns 25 minutos de tempo real. O espectacular gif foi creado a partires de imaxes consecutivas tiradas mentres a Rosetta cruzada a uns 13 quilómetros do núcleo do cometa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón