Créditos da imaxe e copyright: Peter Feltoti

Créditos da imaxe e copyright: Peter Feltoti

Unha vista cara M106

Coñecida tamen coma NGC 4258, ten 80.000 anos luz de diámetro e está a uns 23,5 millóns de anos luz da Terra

Créditos da imaxe e copyright: Peter Feltoti

Créditos da imaxe e copyright: Peter Feltoti

Explicación: a brillante, fermosa e gran espiral Messier 106 domina esta vista cósmica. O amplo campo de vista telescópico de dous graos mira cara a ben entrenada constelación de Canes Venatici, preto do mango do Setestrelo. Coñecido tamen coma NGC 4258, M106 ten uns 80 000 anos luz de diámetro e está a uns 23,5 millóns de anos luz de distancia, o membro máis grande do grupo galáctico Canes II. Para ser unha galaxia afastada, a distancia de M106 é ben coñecida en parte porque pode medirse directamente monitorizando este destacado máser galáctico, ou emisión láser de microondas. Moi raro pero de aparición natural, a emisión máser está producida polas moléculas de auga das nubes moleculares que orbitan o seu núcleo galáctico activo. Outra galaxia espiral destacada da escena, que se ve case de canto, é NGC 4217 por baixo e á dereita de M106. A distancia ata NGC 4217 é moito menos coñecida, estimada nuns 60 millóns de anos luz.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.