Venres 26 Abril 2024

Un cúmulo estelar nas aforas

Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al; Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermello: Spitzer: NASA/JPL-Caltech
Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al;
Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermello: Spitzer: NASA/JPL-Caltech

Explicación: preto das aforas da da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 milleiros de anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar cunha idade de 5 millóns de anos NGC 602NGC 602, arrodeado polo gas e o po natais, aparece nesta imaxe espectacular do Hubble da zona, acrecentada por imaxes de raios X do Chandra e nos infravermellos do Spitzer. As crista fantásticas e de amplas formas suxire fortemente que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das masivas estrelas novas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadeou unha progresión de formación estelar que se afastra do centro do cúmulo. A distancia estimada para a Pequena Nube de Magallanes, a imaxe abarca uns 200 anos luz, pero a sedutora diversidade de galaxias do fondo tamén poden verse nesta definida imaxe chea de cor. As galaxias do fondo están a centos de millóns de anos luz ou máis alá de NGC 602.

Nos Ceos Galegos non chegamos tan lonxe como estes telescopios espaciais, pero temos tamén imaxes fermosas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón