Un cúmulo estelar nas aforas

Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al; Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermello: Spitzer: NASA/JPL-Caltech
Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al;
Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermello: Spitzer: NASA/JPL-Caltech

Explicación: preto das aforas da da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 milleiros de anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar cunha idade de 5 millóns de anos NGC 602. NGC 602, arrodeado polo gas e o po natais, aparece nesta imaxe espectacular do Hubble da zona, acrecentada por imaxes de raios X do Chandra e nos infravermellos do Spitzer. As crista fantásticas e de amplas formas suxire fortemente que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das masivas estrelas novas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadeou unha progresión de formación estelar que se afastra do centro do cúmulo. A distancia estimada para a Pequena Nube de Magallanes, a imaxe abarca uns 200 anos luz, pero a sedutora diversidade de galaxias do fondo tamén poden verse nesta definida imaxe chea de cor. As galaxias do fondo están a centos de millóns de anos luz ou máis alá de NGC 602.

Nos Ceos Galegos non chegamos tan lonxe como estes telescopios espaciais, pero temos tamén imaxes fermosas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo