Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

O gran telescopio chino

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Explicación: o Telescopio esférico de cinco centos metros de apertura (FAST) está aloxado nunha badía natural na remota provincia Guizhou ao suroeste montañoso de China. Alcumado Tianyan ou o Ollo do Ceo, o novo radiotelescopio óllase nesta fotogafía tirada preto do comezo da súa fase de proba de operacións o 25 de setembro. Deseñado cunha superficie activa para o apuntado e o enfoque, a súa enorme antena de plato está construída con 4.450 paneis individuais de forma triangular. O diámetro de 500 metros físicos da parabólica convirte ao FAST no meirande radiotelescopio de plato único do planeta Terra. O FAST explorará o Universo en radiofrecuencias, detectando a emisión do gas hidróxeno na Vía Láctea e galaxias afastadas, atopando púlsares febles galácticos epescudando radiosinais potencialmente extraterrestres.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.