Estación Espacial Internacional. diante da Lúa

A Estación Espacial sobre o terminador lunar

Estación Espacial Internacional. diante da Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete.

Explicación: que é iso en fronte da Lúa? Trátase da Estación Espacial Internacional (EEI). Grazas a unha gran precisión, a plataforma espacial que orbita a Terra foi fotografada por diante dunha Lúa parcialmente alumeada o ano pasado. A fotografía publicada tirouse desde Madrid (España) cun tempo de exposición de só 1/1000 (unha milésima) dun segundo. En contraposición, a duración do tránsito da EEI cruzando a Lúa enteira foi de máis ou menos medio segundo. A estación, coruscante co sol, pode ollarse xusto ao comezo do lado escuro na liña que divide o día e a noite coñecida coma o terminador. Numeroros cráteres circulares son visibles na afastada Lúa, así coma un terreo rugoso, máis claro en comparación, coñecido coma terras altas, e áreas escuras relativamente suaves coñecidas coma maria. As ferramentas en liña poden dicirche cando poderás ollar a Estación Espacial Internacional desde a túa zona.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.