Escoita o vento no planeta Marte grazas á sonda Insight

A NASA difundiu os sons do vento en Marte, grazas á sonda espacial InSight que pisou a superficie do planeta vermello o pasado 26 de novembro. Este é un fito para a axencia espacial estadounidense, xa que se transmitiu algo que nunca se logrou na historia da humanidade. Boa parte deste vídeo difundido pola NASA contén a gravación do vento marciano.

O audio foi difundido pola NASA, que indicou que o vento é de entre 5 e 7 metros por segundo, con dirección noroeste a sueste.

Publicidade

O son foi gravado e transmitido cara á Terra o 1 de decembro e foi captado grazas a dous sensores (un de presión e outro de sismos) que se atopan na base e o brazo do InSight. Bruce Banderdt, investigador da sonda InSight na NASA, declarou: “Gravar este audio foi un agasallo non planificado, pero un dos obxectivos da nosa misión é medir o movemento en Marte e naturalmente iso inclúe o causado polas ondas de son”.

A sonda InSight chegou a fins de novembro a Marte. O momento máis difícil que sufriu a sonda, foron chamados os “sete minutos de terror”, cando tivo que atravesar a atmosfera marciana a 20 mil quilómetros por hora a 5 quilómetros de velocidade. Na súa totalidade, a viaxe durou máis de 200 días.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo