Con este vídeo do Estuario do Río Anllóns, en Ponteceso e que amosa a liña de traballo a desenvolver, queremos agradecer a todos os que nos apoiáchedes na tolemia esta da votación para Acción Magistral. http://accionmagistral.org/premio-accion-magistral/votacion-2018-ideas-docentes/ Penso que unha votación non é o mellor sistema para elixir un proxecto educativo e arrepíntome moito de ter entrado no xogo (MEA CULPA) pensando que o da votación sería outra cousa. Pero si me quedo cos centos de persoas que nos amosaron o seu cariño con palabras de apoio ao proxecto, promoveron o mesmo e tamén aos máis de 2500 propietarios de dedo que premeron "Me gusta". Seguiremos traballando na nosa spin off de #XeoClip pase o que pase mañá na listaxe final, para aportar novos contidos de ciencia, paisaxe e xeoloxía en galego e por suposto, seguiremos coa mesma ilusión de sempre. O noso motor é o alumnado, e iso si que non hai quen o pare. Unha aperta para tod@s! vémonos polas nubes?

Publicada por Xacobo de Toro en Domingo, 16 de diciembre de 2018

Un espectacular vídeo do esteiro do Anllóns para ensinar xeoloxía

O esteiro do río Anllóns é un espazo natural con varias características peculiares que o fan moi interesante. Sitúase na desembocadura do río que cruza a comarca de Bergantiños, e acaba botando as súas augas na ría de Corme e Laxe. O monte Branco, formado por unha gran duna, acaba adentrándose no esteiro no lugar coñecido como A Barra, unha lingua de area que modifica as correntes e o intercambio de auga doce e salgada en función das mareas. Esta situación levou a que o lugar, xunto á marisma interior que forma o río ao asolagar as terras das proximidades, estea protexido, despois de decenios de agresións medioambientais, coa figura de ZEPA (zona de especial protección para aves) e como parte da Rede Natura. Acolle, por tanto unha enorme variedade de flora e fauna, moi significativa no caso das aves migratorias.

Xeomorfoloxía do esteiro do Anllóns

Ante a importancia ecolóxica e a riqueza paisaxística, o proxecto aberto e divulgativo Xeoclip, que impulsan os docentes Xacobo de Toro e Adela Otero, gravou no mes de outubro unhas espectaculares imaxes desde un dron no esteiro do Anllóns. Con el queren, segundo explica De Toro, amosar dun xeito ameno e comprensible a xeomorfoloxía que da pé ao ecosistema.

A través da iniciativa Paisaxe Vivida 360º, usando vídeos aéreos, realidade aumentada ou maquetas en 3D, e animando tamén ao propio alumnado a construír por si mesmo os seus propios dispositivos aéreos non tripulados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.