Un espectacular vídeo do esteiro do Anllóns para ensinar xeoloxía

O esteiro do río Anllóns é un espazo natural con varias características peculiares que o fan moi interesante. Sitúase na desembocadura do río que cruza a comarca de Bergantiños, e acaba botando as súas augas na ría de Corme e Laxe. O monte Branco, formado por unha gran duna, acaba adentrándose no esteiro no lugar coñecido como A Barra, unha lingua de area que modifica as correntes e o intercambio de auga doce e salgada en función das mareas. Esta situación levou a que o lugar, xunto á marisma interior que forma o río ao asolagar as terras das proximidades, estea protexido, despois de decenios de agresións medioambientais, coa figura de ZEPA (zona de especial protección para aves) e como parte da Rede Natura. Acolle, por tanto unha enorme variedade de flora e fauna, moi significativa no caso das aves migratorias.

Xeomorfoloxía do esteiro do Anllóns

Ante a importancia ecolóxica e a riqueza paisaxística, o proxecto aberto e divulgativo Xeoclip, que impulsan os docentes Xacobo de Toro e Adela Otero, gravou no mes de outubro unhas espectaculares imaxes desde un dron no esteiro do Anllóns. Con el queren, segundo explica De Toro, amosar dun xeito ameno e comprensible a xeomorfoloxía que da pé ao ecosistema.

Publicidade

A través da iniciativa Paisaxe Vivida 360º, usando vídeos aéreos, realidade aumentada ou maquetas en 3D, e animando tamén ao propio alumnado a construír por si mesmo os seus propios dispositivos aéreos non tripulados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids