O fermoso vídeo desde a Estación Espacial con imaxes de Galicia

Un timelapse recolle as gravacións realizadas por astronautas da ISS nas que se retratan numerosas partes do mundo

O realizador Bruce Wayne Berry publicou na plataforma Vimeo un timelapse de seis minutos a partir de imaxes tomadas desde a Estación Espacial Internacional (ISS). A partir do novo material que se fixo público nos últimos meses, desenvolveu un vídeo de seis minutos en 4K, con imaxes tomadas polos astronautas a bordo da plataforma espacial.

Despois dun longo proceso de edición, o resultado é unha abraiante viaxe espacial na que Galicia ten tamén o seu oco (a partir do minuto 3:02). Imaxes que foron posiblemente tomadas durante algúns dos habituais pasos da ISS sobre o noroeste da península Ibérica, que pode verse tamén en varias ocasións.

A Estación Espacial orbita a unha altitude que oscila entre os 330 e os 435 quilómetros de altura, a unha velocidade de case 28.000 quilómetros por hora e completa, por tanto, unhas 15 órbitas ao día arredor da Terra.

Entre outros lugares, o vídeo retrata, tanto de día como de noite, lugares como Perú, Canadá, o delta do Nilo, Turquía, Dubai, Bahamas e o golfo de México, e fenómenos abraiantes como as auroras boreais e austrais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo

Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos