Sábado 20 Abril 2024

84 días de erupción en 9 minutos: así foi a evolución do volcán de La Palma

O Instituto Xeolóxico e Mineiro recopila nun vídeo unha síntese da actividade volcánica en Cumbre Vieja do 19 de setembro ao 14 de decembro

Continua a conta atrás para por finaliza a erupción do Cumbre Vieja, na illa de La Palma. Os parámetros, tanto os observables como procedentes dos sistemas de vixilancia (dióxido de xofre, sismicidade e tremor), seguen indicando por sétima xornada consecutiva o esgotamento do volcán. Non obstante, aínda quedan cinco días de espera e preocupan os gases remanentes nas inmediacións da erupción.

O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) ven de publicar un recopilatorio diario visual da erupción do Cumbre Vieja dende o seu comezo, o 19 de setembro de 2021, ata o 14 de decembro. As imaxes están gravadas polo Servizo de Traballos Aéreos do IXME xunto co Grupo de Emerxencias e Salvamento do Goberno canario.

Publicidade

Imaxe dende o embalse Dos Pinos ás 10 hora canaria. Foto: INVOLCAN
Imaxe dende o embalse Dos Pinos ás 10 hora canaria. Foto: INVOLCAN

Segundo un informe do Comité Científico do Pevolca (Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias), ata que todos os indicadores confirmen o apagón do volcán non é descartable un novo repunte de actividade estromboliana e de emisión de coadas. Nestes tres meses dende que comezou o proceso eruptivo, un total de 2.988 construccións foron destruídas e decenas de localidades desaparecidos como Todoque, El Paraíso, El Pampillo, El Pastelero, o el Callejón de la Gata. E con elas, a evacuación de 7.000 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así soa a erupción dun volcán dende o espazo

A ESA publica unha sonificación da erupción máis grande do século XXI, a do volcán Hunga Tonga-Hunga Ha'apai hai agora un ano

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Un proxecto con participación galega estuda os efectos na saúde da erupción da Palma

O profesor da USC Alberto Ruano liderado o estudo, que se centra no impacto que o suceso está a ter en 2.000 persoas e durante os próximos cinco anos

Unha imaxe do volcán da Palma gaña un concurso fotográfico da NASA

As galardoadas no Torneo da Terra asocian as imaxes dos satélites cos catro elementos da natureza: terra, auga, aire e lume