Efecto Matilda: as científicas que máis brillaron e menos se valoraron

A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo narra nun vídeo os casos de mulleres como Olimpia Valencia, Ángela Ruiz ou Tabitha Babbitt

“Cousiñas de Muller” é o título do vídeo realizado pola compañía de teatro A Panadaría para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, co que se quere conmemorar o Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia. A peza alude ao chamado Efecto Matilda, un prexuízo que perdurou durante séculos na ciencia, e que expón como mulleres científicas moi salientables reciben menos recoñecemento polo seu traballo do que recibía un compañeiro home no examen obxectivo do seu desempeño.

O Efecto Matilda é un concepto acuñado pola historiadora da ciencia Margaret W. Rossiter, que bautizou o fenómeno na honra da sufraxista e pensadora Matilda Joslyn Gage. A peza remítese ás historias de Marie Curie, Olimpia Valencia, Tabitha Babbitt ou Ángela Ruiz, para lembrar como, en moitos casos, a muller desapareceu dos recoñecementos científicos en detrimento de figuras masculinas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Un estudo revela novas claves para anticipar as floracións tóxicas que afectan as rías galegas

Unha tese do IEO-CSIC afonda na bioloxía dunha microalga e nos factores ambientais que condicionan as súas proliferacións

O historiador italiano que chega a Galicia para afondar na relación da Igrexa co medio ambiente

Marco Armiero intégrase no CISPAC a través do programa Oportunius da Xunta de Galicia tras recibir unha Advanced Grant polo seu proxecto

Ciencia para todo

A divulgación científica rigorosa e de calidade é máis importante ca nunca