Así se forma un cantil: o exemplo das Catedrais

Rocío Romar e Xacobo de Toro, impulsores do proxecto Xeoclip, publican un novo vídeo no que expoñen o caso do areal de Augas Santas, en Ribadeo

A praia de Santa Mariña de Augas Santas de Ribadeo, coñecida popularmente como As Catedrais, atrae cada ano a miles de persoas polas peculiares formas dos seus cantís. Son o resultado de moitos miles de anos de erosión, que xeraron furnas, covas, arcos, ollos e illotes que seguen en movemento.

As Catedrais son, por tanto, un libro aberto para a divulgación da xeoloxía. E así o viron Xacobo de Toro e Rocío Romar, dous profesores que impulsan o proxecto Xeoclip, co que crean contidos divulgativos destinados ao ensino. Acaban de publicar un novo traballo no que abordan sobre o terreo a historia deste areal.

Tal e como explican Romar e De Toro, as mareas modelan o perfil da costa mediante os embates do mar e das propias rochas que se desprenden. Pouco a pouco, debido á alternancia de rochas de diferente resistencia á erosión, como as calcitas ou as lousas, van aparecendo as diversas formas.

Do mesmo xeito, como se pode ver nas Catedrais cos constantes desprendementos, e debido ao aumento do nivel do mar, estas paraxes son dinámicas. Así, debido ao retroceso da liña de costa, van aparecendo novos illotes, arcos e ollos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.