300 anos de táboa periódica en 99 segundos

A táboa periódica dé unha das grandes obras colaborativas da historia da Humanidade. Ano tras ano, cada elemento co seu número foi chegando a este gráfico de columnas e ringleiras que e unha das cimeiras intelectuais da nosa especie. No que levamos do século XXI foron descubertos catro novos elemento. Que son un terzo dos que se coñecían en 1718, ano no que comeza o vídeo que encabeza este artigo.

O traballo é obra do científico e divulgador Jamie Gallagher e triunfa na rede. Comeza en 1718 con 13 elementos: ferro, cobre, prata, ouro, mercurio, chumbo, estaño, carbono, fósforo, arsénico, antimonio, bismuto e xofre. No século XVIII descubríronse 20 elementos; no XIX, 51; e no XX, 30.

Os datos do vídeo proceden da web da Royal Society of Chemistry, a institución que agrupa aos químicos do Reino Unido. Nesa páxina pódese consultar cada descubrimento con máis detalles.

E aquí tes dispoñible a táboa periódica en galego:

Nova versión en galego da táboa periódica dos elementos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.