A USC acada o ‘top 10’ en varias probas da Formación Sanitaria Especializada

O estudante de Psicoloxía Adrián González Suárez obtivo a mellor nota de España, mentres que outros compañeiros e compañeiras acabaron entre as 10 mellores probas

Alumnos e alumnas da Universidade de Santiago de Compostela acadaron varios postos entre as 10 mellores probas de diversas categorías da Formación Sanitaria Especializada (FSE), que dan acceso ás prazas de Medicina, Farmacia, Psicoloxía, Enfermaría, Física, Química ou Bioloxía Internos Residentes. Un deles, o alumno da Facultade de Psicoloxía da USC Adrián González Suárez, obtivo a primeira posición nas probas da súa especializada.

No número dous do MIR quedou Joaquín Vila García, da Facultade de Medicina. No 5, do PIR quedou Lía Pereira Lappin. Tres alumnas de Farmacia situáronse tamén entre as 10 probas mellor valoradas do FIR; foron María Puente Iglesias (posto número 6), María Alfonsín Lara (número 8) e Andrea Luaces Rodríguez (número 9). Tamén no MIR, Miguel Rodríguez Iglesias obtivo a posición número 9.

Publicidade

Os resultados son aínda provisionais logo de abrirse un período de reclamacións que está pendente de resolverse. Mais, por agora, outros dous alumnos da USC situáronse entre os 20 mellores do MIR: son Manuel Lorenzo Diéguez, no posto 19, mentres que Tristán Gabriel Sobral Costas logrou a posición número 20.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe