Unha prestixiosa revista do grupo ‘Nature’ destaca un artigo liderado por dous galegos

Os editores seleccionaron unha investigación sobre péptidos alfa helicoidais entre as contribucións máis salientables de 2022

Un artigo publicado o ano pasado por investigadores do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC) foi recentemente destacado na revista Communications Chemistry, que pertence ao prestixioso grupo Nature. Os membros do Comité Editorial incluíron o traballo liderado polos profesores Eugenio Vázquez e José Luis Mascareñas na súa selección de contidos destacados do 2022, resaltando a achega do traballo no campo dos péptidos estabilizados. Os editores celebran “a interdisciplinariedade do traballo na interface da bioloxía química e a química supramolecular”, remarcando o amplo rango de experimentos utilizados e a importancia dos conceptos introducidos.

As hélices alfa son compoñentes fundamentais das proteínas, e xogan un papel clave na linguaxe que estas empregan para comunicarse. É por iso que estas hélices se converteron nun branco moi atractivo para o desenvolvemento de novos inhibidores entre proteínas. Pero o desenvolvemento destes inhibidores (coñecidos como hélices α peptidomiméticas) non é fácil porque son delicadas estruturas que tenden a desenvolverse. O enfoque que se emprega habitualmente implica a síntese de análogos con algún tipo de suxeición estrutural que maximice a estrutura alfa helicoidal: “Máis aló das clásicas hélices α estabilizada por metais […] a nosa hipótese expón que as hélices α estabilizadas con metais poderían aplicarse ao desenvolvemento de péptidos conmutables, que modifiquen a súa estrutura e a afinidade de unión en resposta a un estímulo externo, neste caso a presenza de Pd(II)” explica Eugenio Vázquez, investigador do CiQUS.

Publicidade

O oncoxene KRAS

Os autores do estudo aplicaron este novo concepto para o desenvolvemento de peptidomiméticos dirixidos contra o oncoxene KRAS, responsable de ata o 30% de todos os cancros, incluídos o 95% dos de páncreas, o 45% dos colorrectais e o 33% dos adenocarcinomas de pulmón. Demostraron que estes peptidomiméticos poderían modular o oncoxene KRAS en células vivas, o que suxire novas oportunidades en investigación básica e aplicacións terapéuticas derivadas desta nova estratexia.

Segundo os autores, esta é a primeira vez que se deseña un metalopéptido que pode modular unha vía de sinalización en células vivas. Este enfoque supón “novas posibilidades para o deseño de hélices α peptidomiméticas que aproveitan este mecanismo de encartado-unión, e que pode estenderse a outras dianas biolóxicas”.

Publicidade


Referencia: Controlling oncogenic KRAS signaling pathways with a Palladium-responsive peptide (Publicado en

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX