Mabel Loza recibe o premio Investigadora Innovadora 2018. Fonte: USC.
Mabel Loza recibe o premio Investigadora Innovadora 2018. Fonte: USC.

Mabel Loza, premio Investigadora Innovadora 2018

A coordinadora do grupo BioFarma da USC e co directora científica da Fundación Kærtor, a catedrática Mabel Loza, acaba de recibir o ‘Premio á Investigadora Innovadora 2018’ do Foro de Empresas Innovadoras. O galardón recoñece o seu liderado na política de I+D+i integral e permanente, tanto na transferencia coa industria, publicacións con alto impacto internacional, proxectos de innovación de carácter global e a súa capacidade de difusión en formación de investigadores, tanto no ámbito académico como no empresarial.

Traxectoria innovadora

Patroa fundadora e  codirectora científica da Fundación Kærtor xunto co tamén profesor da USC Ángel Carracedo, Mabel Loza é catedrática de Farmacoloxía e líder do grupo de investigación BioFarma da USC. Cunha activa participación en programas públicos e privados no ámbito do descubrimento temperán de fármacos español e europeo, foi investigadora en máis de 90 proxectos de investigación, en 70 como investigadora principal. Participou en once candidaturas a fármacos que chegaron a ensaios clínicos en pacientes, dentro de programas de transferencia de I+D coa industria farmacéutica.

Destaca a publicación de diversos libros e capítulos de libros, así como de 136 artigos en revistas indexadas no Journal Citation Report. Supervisou 17 teses de doutoramento coa cualificación máis alta e máis de 50 traballos de investigación de posgrao. Tamén é revisora de varias revistas nas áreas de farmacoloxía, química médica e descubrimento de fármacos.

Participa activamente no desenvolvemento de redes e novos modelos de innovación aberta no descubrimento temperán de medicamentos, é coordinadora da Rede Galega de Descubrimento de Fármacos e a Rede de Excelencia Española de Descubrimento de Fármacos. Ademais representa ao nodo da USC na Rede Europea de Infraestruturas de  Screening EU- Openscreen  ESFRI / ERIC. Mabel Louza coordina tamén a Unidade Mixta USC-Esteve para o desenvolvemento de novos medicamentos no campo da dor crónica. Como empresaria, promoveu a fundación de tres compañías (Pharmatools Dixital Interactive SL, Allelyus e  Oncostellae).

Premios

O Foro de Empresas Innovadoras (FEI) é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é impulsar a cultura innovadora no tecido empresarial, na universidade, nas administracións públicas e en todos os ámbitos relacionados coa xeración do coñecemento.

Os seus premios recoñecen, anualmente, o labor dun/ha investigador/a, unha compañía e un organismo ou institución de apoio á Innovación. Na edición de 2018, ademais de Mabel Loza na modalidade de ‘Investigadora’, foron premiados Cantabria Labs, na modalidade de ‘Empresa’ e AIMPLAS, na modalidade de ‘Organismo ou institución de apoio á innovación’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.