Santiago acolle a IV xornada Mulleres na Ciencia

O salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC acolle o vindeiro 14 de decembro a cuarta edición da xornada Mulleres na Ciencia, un encontro para reflexionar sobre a incorporación feminina á carreira científica.

A xornada comezará ás 16 horas coa mesa redonda: Como promovemos as vocacións STEM femininas? moderada por Encina Calvo, profesora da USC, e na que participan Luz Castro Pena de Imaxin Software, Soledad Torres Guijarro da Universidade de Vigo, Joana Magalhaes do Instituto de Investigación Biomédica (Inibic) e Susana Ladra González da Universidade da Coruña.

Publicidade

Posteriormente, ás 18 horas, celebrarase a asemblea de AMIT-Gal, o nodo galego da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.

O encontro Mulleres na Ciencia está organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e AMIT-Gal.

Publicidade

Máis información e inscricións, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde están as mulleres? Tan só 26 investigadoras recibiron un Nobel de Ciencia

Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón
01:01:21

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Como romper cos estereotipos da científica

As investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez participan na última sesión de 'Ciencia en feminino'

A conciliación impide que as científicas participen nos medios tanto como os homes

A situación persoal e familiar é o obstáculo que atopan o 23% das investigadoras para divulgar fronte ao 10% do sexo masculino

Soledad Torres, de atlanTTic: “Pertencer a un colectivo minorizado como o da muller é un desafío”

A enxeñeira e investigadora do centro atlanTTic da Universidade de Vigo participa en proxectos de fomento relacionados coa presencia femienina en STEM